26/04/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Nesta semana púxose a funcionar a primeira adega experimental de todas as universidades galegas no Campus Terra de Lugo. A Escola Politécnica Superior promove por primeira vez en Galiza un proxecto destas características para favorecer a investigación no sector vinícola galego, un sector que cada vez ten máis expectativas de futuro no noso territorio. Existen factores internos e tamén externos, como o cambio climático, que están a xerar cada vez máis demanda de materias académicas e universitarias relacionadas coas vides, a sidra, coa elaboración de licores a través da fermentación ou coa experimentación de novos mercados, como o ecolóxico. Este proxecto tamén analizará a calidade da madeira do noso carballo para a elaboración das cubas dos mellores caldos.
24/04/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Unhas 200 explotacións agrogandeiras da comarca da Ordes séntense ameazadas polos novos proxectos mineiros que a empresa Erimsa prevé desenvolver na bisbarra. O Sindicato Labrego Galego advirte que están en xogo uns 400 postos de traballo directos e alerta do avanzado que está o proxecto "Xanceda" que afectaría a 781 Ha de terreo e a importantes granxas, incluso de carácter ecolóxico.
21/04/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita o que nos deixou esta semana en materia de novas ambientais relacionadas co territorio galego.
19/04/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Poucos días despois do Día Mundial das Árbores constituíase en Xinzo a plataforma de Amigos e amigas das árbores da Limia. O detonante foi o anuncio dun proxecto de mellora da estrada OU531 ao seu paso pola localidade de Xinzo, polo cal se prevé a tala de 56 árbores centenarias. Abordamos este asunto neste espazo.
17/04/2017 [00:10:00] [5.76 MB]
O grupo de investigación de pedagoxía social e de educación ambiental da USC vén de publicar as conclusións extraídas dun estudo realizado entre 2007 e 2013 sobre a situación do sector laboral e social da Educación Ambiental en Galiza. Falamos coa presidenta de Sociedade Galega de Educación Ambiental e membro deste equipo de investigación, María Barba, deste estudo que confirma que o sector é un dos máis prexudicados pola crise e que está a pasar polo seu peor momento.
12/04/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Na xornada sobre o eucalipto organizada o pasado mes de marzo pola Deputación de Lugo, ecoloxistas e sindicatos agrarios tamén instaron a frear a expansión do eucalipto en Galiza, non só por razóns ambientais, tamén económicas, culturais e de seguridade. Paralelamente, nas directrices que a sociedade trasladou á Xunta durante o proceso de revisión do Plan Forestal de Galiza, recoméndase a administración que promova formas alternativas de aproveitar o monte e que fomente a conservación do bosque autóctono. Neste espazo, recollemos algúns extractos desa xornada de reflexión.