Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

12/05/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 12/05/17

Rapasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!

10/05/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

As primeiras microrreservas do litoral galego están en Fisterra

Fisterra é o primeiro concello do litoral galego que se lanza á creación de 5 microrreservas de flora para conservar, recuperar e poñer en valor tres especies de plantas ameazadas. Membros da Universidade de Compostela e da entidade ecoloxista ADEGA encargaranse de levar a cabo este proxecto aberto á participación da veciñanza local e de voluntariado.

08/05/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

As mudanzas que están a sufrir os nosos mares por mor do Cambio Climático

"Cambio climático no medio mariño español: impactos, vulnerabilidade e adaptación" é un estudo promovido polo Miniserio de Medio Ambiente que dá resume os impactos que están a sufrir os mares polo cambio climático. Este traballo vén a confirmar os peores pronósticos relativos á mudanza climática nos océanos. Neste espazo coñecemos co principal autor, Diego Kersting, as alteracións que o clima está a provocar nos mares galegos. 

05/05/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 05/04/17

Escoita o espazo de Radio Cerna de hoxe e coñece en poucos minutos que novas destacaron esta semana da actualidade ambiental galega.

03/05/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

ADEGA consegue forzar á Xunta a protexer a Cova Eirós como BIC

ADEGA consegue, a través dos tribunais, forzar á Xunta a iniciar o expediente para declarar a Cova Eirós de Triacastela, como Ben de Interese Cultural (BIC). O pasado 10 de abril, a Xunta iniciaba os trámites formais para conquerir esa categoría de protección para o xacemento galego máis importante, probablemente do Paleolítico e único en Galiza con arte rupestre. ADEGA considera que esta resolución tivo lugar en vista de evitar unha sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza á raíz dun recurso contencioso interposto polo colectivo ecoloxista.

28/04/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 28/04/17

Coñece cales foron as novas máis importantes desta semana sobre o medio ambiente e a ecoloxía en Galiza.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal