Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

12/06/2017   [00:10:00]   [9.22 MB]

Razóns para opoñerse á nova Lei de protección dos animais de compañía

En poucas semanas está previsto que se aprobe a nova Lei de Protección e Benestar dos Animais Domésticos proposta pola Xunta de Galiza. Porén, unhas 30 organizacións e protectoras de animais sen ánimo de lucro fan un chamado de urxencia para que se evite a aprobación da nova lei. Consideran que esta nova normativa só procura o lucro económico da problemática do abandono de cans e gatos, unha das principais formas de maltrato animal, e privar o labor que agora realizan sen ánimo de lucro centos de protectoras en todo o país. Alén disto, critican que este proxecto de lei supoña un retroceso na regulamentación dos dereitos dos animais abandonados e na súa protección.

09/06/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

Boletín informativo ambiental 09/06/17

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental do país nesta semana mundial do Medio Ambiente!

07/06/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

A Rede do Patrimonio Cultural Galego ponse en marcha!

O pasado sábado constituíuse a primeira Rede do Patrimonio Cultural Galego, conformada nun principio por 54 colectivos, entidades, asociacións e grupos de investigación que traballan na defensa e promoción do noso Patrimonio Cultural de forma local ou sectorial. A iniciativa intentará suplir as dificultades coas que se atopan por si soas estas entidades na defensa deste ben común. Coñecemos o proxecto cun dos seus membros fundacionais.

05/06/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Día do Medio Ambiente: Achegar as persoas á Natureza

Hoxe é O Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano 2017, a ONU dedica esta conmemoración  a reivindicar o achegamento físico das persoas á Natureza, conectar o ser humano co Natureza... Así quere reverter o progresivo afastamento que se está a dar entre nós e a Natureza, perdendo empatía coa contorna e mesmo a nosa propia identidade. Neste espazo de Radio Cerna abordaremos esta cuestión con algúns dos colectivos e entidades galegas que promoven o contacto das persoas coa Natureza. Queres saber se estás conectado/a coa Natureza?

02/06/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 02/06/17

Escoita o boletín de noticias sobre o medio ambiente galego de Radio Cerna. Nel, facemos o resumo da actualidade ambiental da semana que se encamiña cara ao Día Mundial do Medio Ambiente.

31/05/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

Marcha contra celulosas e a eucaliptización en Pontevedra

Colectivos e entidades ambientalistas de todo o país, encabezados por APDR, FEG, ADEGA e a plataforma "Cousa de Raíces" acudirán este sábado a Pontevedra para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. A xornada comezará cunha plantación simbólica de eucaliptos na Praza da Ferrería e acabará coa marcha cara ao Complexo de Lourizán desde as alamedas de Pontevedra a Marín. As reivindicacións versarán arredor do peche de Elnosa e do complexo industrial de ENCE e en contra da eucaliptización masiva do país. Explícanolo o presidente da Asociación para a Defensa da Ría, Antón Masa.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal