06/10/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Radio Cerna ofréceche neste espazo as novas ambientais máis destacadas da última semana. Coñéceas!
03/10/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Este ano 2017 non foi un ano bo de mel. O descenso da produción sitúase entre o 30-50%. Aos tradicionais factores que afectan negativamente as abellas agora hai que sumarlle a incidencia da avespa velutina, unha especie exótica invasora que mesmo comeza a atacar outro tipo de insectos. O sector apícola de Galiza leva varios anos preocupado pola expansión acelerada da especie polo territorio galego e reclama ás autoridades medidas máis eficaces contra a avespa asiática. Unha das novidades que presentan é a trampa eléctrica.
02/10/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
No pasado mes rexistráronse ata 4 avistamentos de balea azul nas costas galegas. Un feito histórico que suxire dúbidas sobre o achegamento do animal máis grande do mundo ao noso litoral. Alfredo López, biólogo da CEMMA e un dos avistadores de balea azul, explícanos por que se produce este achegamento e en que estado de conservación se atopa a especie hoxe en día.
29/09/2017 [00:10:00] [5.76 MB]
Repasamos a actualidade ambiental de Galiza en 10 minutos. Se queres coñecela, só tes que premer....
27/09/2017 [00:10:00] [9.16 MB]
A fórmula do éxito de xestión das reservas mariñas de Lira e Cedeira hai que buscala nos primeiros momentos da súa creación. O antropólogo Duarte Fernández Vidal estuda os factores que foron claves na constitución destas reservas e que permitiron mudar o sistema tradicional de toma de decisións, máis xerárquico, menos participativo e onde a comunidade local se vía desprazada. Falamos co investigador para coñecer en que consiste o bottom-up e cal é a chave do éxito das reservas mariñas galegas.
25/09/2017 [00:10:00] [5.76 MB]
Os montes veciñais en man común de Froxán (Lousame) e Santiago de Covelo veñen de ser admitidos polas Nacións Unidas como membros do rexistro ICCA. Este rexistro recoñece aqueles lugares ou territorios que foran xestionados ou recuperados de forma sostible e democrática por parte de pobos indíxenas ou comunidades locais. Estas dúas experiencias galegas son as primeiras en conseguir este distintivo no Estado español, e as terceiras en Europa. Falamos cos seus protagonistas.