10/07/2025 [10:00:00] [12.86 MB]
Medra a polémica arredor da opacidade da Xunta no proceso que abriu as portas de Galiza á empresa portuguesa Altri. Tamén hai novidades respecto do outro gran proxecto que centra, canda Altri, a protesta social en Galiza: a mina de Touro-O Pino. Ecoloxistas en Acción vén de presentar no xulgado un informe que acredita a situación de quebra da promotora, Cobre San Rafael. Ademais, ADEGA pon a disposición da cidadanía modelos de resposta para os requirimentos que está mandando a Xunta a numerosas persoas alegantes do proxecto. Igualmente, ADEGA mostra o seu rexeitamento frontal á proposta do Concello de Poio para o espazo natural da Illa de Tambo, que pretende urbanizala e podería convertela nun parque temático. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
03/07/2025 [10:00:00] [12.87 MB]
Unha expedición científica francesa vén de localizar arredor de 1.800 bidóns con residuos radioactivos no fondo mariño do Atlántico, a 650 km da costa galega. Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais con menos persoal dispoñible para extinción, nun contexto no que se prevé un verán máis cálido do normal. Ao tempo, Bruxelas suaviza a súa política climática e abre a porta a compensar emisións fóra da Unión Europea. Un novo gromo de botulismo volve afectar á lagoa da Congorza, en Cangas, e causa a morte de varias aves. E rematamos en Lugo, onde ADEGA lanza unha campaña na defensa dos ríos fronte á urbanización. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
26/06/2025 [10:00:00] [12.65 MB]
Altri desiste das axudas do Perte para a descarbonización. Máis de 850.000 persoas en Galiza estiveron expostas a niveis de contaminación do aire que superan os límites legais da UE para 2030. Os sobreirais do Arnego custodiados por ADEGA son obxecto de estudo por parte da Universidade de Vigo. Recta final da campaña de recadación solidaria para protexer o lobo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
25/06/2025 [10:00:00] [12.98 MB]
A Comisión Europea declara como “proxecto estratéxico” a mina de litio de Doade, en Beariz, e pon así en marcha unha carreira por acaparar materias primas críticas, pero sen garantir unha planificación axeitada, segundo denuncia ADEGA. Ademais, a Xunta vén de dar luz verde á nova planta de fibras de ENCE nas Pontes cunha Declaración de Impacto Ambiental favorable. Doutro lado, ADEGA lanza unha nova campaña solidaria dentro da iniciativa #TiPodesParalos para frear o parque eólico Pena do Pico, proxectado nos concellos lucenses de Baralla e Becerreá. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
13/06/2025 [10:00:00] [12.74 MB]
O TSXG paraliza cautelarmente a orde que permite cazar lobos en Galiza. ADEGA presenta ao Estado argumentos sólidos e baseados na ciencia para manter esta especie como estritamente protexida na Directiva Hábitats da UE. E seguimos nos tribunais: a Xustiza europea avala o veto á pesca de fondo en 87 zonas sensibles do Atlántico nordeste. Unha vertedura de xurros arrasa o río Landro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
05/06/2025 [10:00:00] [12.40 MB]
A asociación ecoloxista ADEGA fai 50 anos de historia e festéxao cun gran festival en Lugo este sábado 7 de xuño. Ao tempo, abre novas vías de loita contra a celulosa de Altri: presenta na Xunta de Galiza máis de 1.400 solicitudes para reclamar o arquivo inmediato do expediente de tramitación da concesión de augas; e esixe á Xunta que anule a DIA da macrocelulosa por incumprir, a sabendas, unha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE. E as rúas volven falar: multitudinaria manifestación en Pontevedra contra o modelo industrial que representan Ence e Altri este pasado domingo, 1 de xuño. Todo isto e máis, en Radio Cerna!