Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

20/11/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

A mina de Touro-O Pino atópase de fronte co rexeitamento veciñal

Veciños e veciñas de Touro e O Pino mobilízanse en contra do proxecto de reapertura e ampliación da mina de cobre de San Rafael S.L., que ocuparía preto de 700 Ha entre estes dous concellos. O anuncio do proxecto caeu como unha xarra de auga fría entre a vecindade que xa está a recabar numerosos apoios sociais en contra da explotación mineira. Consideran que o impacto é totalmente inasumible a nivel ambiental, sanitario, social e económico. Rubén Souto, membro da plataforma Mina NON lembra que os veciños aínda están sufrindo os efectos da antiga mina, que pechou en 1986.

17/11/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

Boletín informativo ambiental 17/11/17

Coñece con nós a actualidade ambiental galega da última semana, marcada polo XV aniversario da catástrofe do Prestige, os incendios ou a seca.

15/11/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Life in Common Land: Primeiro ensaio de pago por servizos ambientais en Galiza

Este proxecto europeo, promovido polas universidades de Santiago e A Coruña, xunto coa colaboración da Deputación de Lugo e de 12 concellos, será o primeiro en ensaiar o pago ás comunidades locais polos servizos ambientais dos espazos naturais protexidos. O obxectivo principal do proxecto será a conservación dos brezais e turbeiras protexidas da Serra do Xistral e procurar a compatibilidade cos aproveitamentos tradicionais da zona. Tamén se prevé a eliminación de especies foráneas.

13/11/2017   [00:10:00]   [9.18 MB]

Life fluvial: recuperando os corredores ecolóxicos de Rede Natura

Galiza, Asturias e Norte de Portugal pretenden recuperar os corredores fluviais dos seus espazos naturais protexidos a través do Life Fluvial, un proxecto transnacional impulsado por diversas institucións de investigación e de goberno que permitirá realizar actuacións de reparación natural nas ribeiras protexidas. Unha desas actuacións será a eliminación de acacias e eucaliptos na ría do Eo. Estará coordinado polo Instituto de Biodiversiade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).

10/11/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 10/11/17

Queres coñecer a actualidade ambiental da semana en Galiza? Os últimos días deixaron no prelo informativo: novos datos sobre incendios, imputacións ou presuntos delitos ambientais avaliados na Fiscalía, entre outros temas.

08/11/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

A xestión da seca por Augas de Galicia

Seguimos abordando a cuestión da seca en Radio Cerna. Hoxe entrevistamos ao director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, responsable da xestión das bacías de Galicia-Costa, quen pide responsabilidade á cidadanía á hora de consumir auga.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal