Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

22/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 22/12/17

Repasa con nós a actualidade ambiental de Galiza. Preme e escoita!

20/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Eucaliptización e lumes en Portugal

No I Encontro galego-portugués fronte eucaliptización e lumes forestais participaron Miguel Reis, representante da asociación ecoloxista Quercus, e Aníbal Quinta, presidente da Associação de moradores de Casal de São Simão (Figueiró dos Vinhos). Ambos os dous explicaron en que estado está a floresta de Portugal, especialmente, do Norte e cal debería ser a estratexia para enfrontarse dunha vez por todas á lacra dos incendios forestais.

18/12/2017   [00:10:00]   [9.17 MB]

Por que o NON á expansión do eucalipto?

A comezos de mes tiveron lugar en Salceda de Caselas as I Xornadas galego-portuguesas fronte a eucaliptización e os lumes forestais, organizadas polos colectivos Treze-Catorze, ADEGA e a rede Cousa de Raíces. No encontro, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido deu conta da capacidade de expansión do xénero Eucalyptus en Galiza e norte de Portugal, pero tamén nos puntos quentes de biodiversidade do Planeta. A continuación, presentamos algúns extractos da súa palestra sobre o impacto do eucalipto no territorio.

15/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 15/12/17

Neste espazo de Radio Cerna informámosche da actualidade ambiental de Galiza. Quérela coñecer?

13/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

X. Ramón Vidal-Romaní: "O pai dos nosos ríos é o Sil, non o Miño"

A Univerdidade da Coruña nomeou recentemente como profesor emérito ao xeólogo Xoán Ramón Vidal-Romaní, tamén director do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal". Na súa lección derradeira, Vidal-Romaní fixo un repaso a máis de 1.000 millóns de anos da historia de Galiza. A súa traxectoria académica achegou, sobre todo, un maior coñecemento sobre o noso territorio na Era Cuaternaria e foi o descubridor de Elba, o resto humano máis antigo atopado en Galiza.

11/12/2017   [00:10:00]   [9.18 MB]

O campo de golf de Baiona: do proxecto á realidade?

O concello de Baiona impulsa o complexo turístico e deportivo "As Costeiras" co gallo de reclamar turismo fóra da época estival. Entre as actuacións, prevese a creación dun campo de golf de 18 buratos en 70 ha da Serra da Groba. Desde o verán, o proxecto colleitou unha grande oposición social e veciñal pola potencial afectación do complexo aos recursos hídricos da zona, ao monte comunal e ao patrimonio cultural da zona.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal