10/01/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A plataforma Stop Velutina, a través de todos os grupos parlamentarios da oposición, presentou unha proposición non de lei para instar a Xunta a tomar medidas máis efectivas contra a avespa velutina. Porén, a proposta non saiu adiante polos votos en contra do PP, partido maioritario na Cámara. Stop Velutina advirte que da eficacia das medidas a tomar depende a supervivencia do sector apícola en Galiza e do mel galego. Se queres coñecer a súa proposta, escoita este espazo!
08/01/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
Pladever, a plataforma na defensa do Río Verdugo, rexorde para reivindicar un cambio de modelo de xestión de auga e unha planficación de cara á eficiencia e ao aforro de auga na comarca de Vigo. Nunha recente mobilización que acabou no encoro de Eiras, centos de persoas reclamaron de novo a retirada do proxecto de transvasamento do río Verdugo ao encoro que abastece de auga á poboación da comarca viguesa.
05/01/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Coñece con Radio Cerna as novas máis destacadas desta semana na actualidade sobre o medio ambiente e a ecoloxía galega.
02/01/2018 [00:10:00] [5.73 MB]
Neste espazo resaltamos os temas ambientais e do eido ecoloxista que máis resalte tiveron durante todo o ano pasado 2017 e que ademais foron tratados por Radio Cerna. Non o perdas!
29/12/2017 [00:10:00] [9.20 MB]
Compartimos contigo o derradeiro boletín informativo ambiental do ano 2017, convidándote a continuar escoitándonos durante 2018. Feliz Aninovo!
27/12/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Enxería sen Fronteiras organizou a pasada semana unhas xornadas sobre a seca para avaliar a problemática desde o punto de vista técnico e definir as mellores solucións. No Econtro, ADEGA deu conta da improvisación coa que están a actuar as distintas administracións e a falta dunha previa dunha planificación que axudase a aforrar auga ou a consumila con maior eficiencia, tanto polos concellos, como pola industria ou polos fogares.