Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

24/01/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

A ILP polo Bosque Autóctono chega a Lugo

A Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque Autóctono e contra os incendios forestais foi presentada onte en Lugo polas súas entidades promotoras: Cousa de Raíces e a Alianza por un rural galego vivo, entre as que suman máis de 60 colectivos de todo o país. Entre as propostas normativas desta ILP figuran a posta en valor do bosque galego, a moratoria ao eucalipto, a loita contra os incendios forestais e promover o asentamento da xente no rural. 

22/01/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

Porriño e Mos, sen plan para descontaminar os seus solos de lindano

O lindano é un pesticida contaminante e canceríxeno. Tras 40 anos desde que esta substancia fose prohibida para uso agrícola, permanece acumulado nunha importante superficie dos concellos de Mos e Porriño, nalgunhas zonas debaixo de vivendas, parques infantís ou residencias de maiores. Malia que a finais dos anos 90 houbo un intento de descontaminación nunha área concreta do Porriño, o problema non foi solucionado. Agora, a plataforma antilindano de A Louriña reactiva as protestas para esixir unha solución, xa que temen que o lindano xa teña contaminado acuíferos e ríos, incluso chegando ao MIño.

19/01/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 19/01/18

Escoita e coñece a actualidade galega no eido ambiental e ecoloxista!

17/01/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

ADEGA recibe a insignia de ouro de Ferrol

A cidade de Ferrol vén de outorgar a súa insignia de ouro a ADEGA pola súa traxectoria na defensa ecolóxica de Galiza durante máis de 40 anos. Achegámonos neste espazo ao traballo que desenvolveu e que aínda está a desenvolver o colectivo ecoloxista ADEGA na comarca de Ferrolterra-Trasancos.

15/01/2018   [00:10:00]   [9.21 MB]

O whisky irlandés ten sabor a carballo galego

O carballo galego é o máis cobizado polas destilarías irlandesas para almacenar o seu whisky. Proba disto é o convenio que nos últimos anos manteñen Irish Destillers co grupo de investigación Biomodem, do Campus Terra de Lugo, para procurar carballeiras galegas con certificación forestal e aptas para o uso toneleiro. Radio Cerna dá conta desta experiencia, que está a desmontar varios mitos sobre o carballo galego e outras especies autóctonas.

12/01/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 12/01/18

Neste espazo recollemos as novas ambientais máis sobresaíntes da última semana en Galiza. Escoita o resumo informativo ambiental de Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal