07/03/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
O concello de As Neves foi un dos concellos galegos máis afectados pola vaga de lumes do pasado mes de outubro. O 90% do seu territorio pereceu baixo as chamas. Cinco meses despois da catástrofe, falamos co seu alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, para saber como este municipio dunhas 4.000 persoas está a renacer.
05/03/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dá conta dun descubrimento que muda o paradigma sobre a arte rupestre en Gailza e Norte de Portugal. Os lumes deixaron á vista a Laxe da Coutada, un petróglifo do concello das Neves no que o protagonista indiscutible é o cabalo, no canto do cervo. Este novo achado refrenda a idea de que os equinos son a figura máis gravada nos petróglifos do sur da provincia de Pontevedra e do Norte de Portugal, ademais de dotar a este animal dunha maior relevancia histórica e cultural. O IEM tamén está a estudar, a través do proxecto Equus, a xenética dos garranos para descubrir a súa orixe, xa que hoxendía poderían ser os únicos equinos salvaxes do mundo.
02/03/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Radio Cerna repasa a actualidade ambiental da última semana. Queres saber cales foron as novas máis sobresaíntes?
28/02/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
ADEGA desenvolver máis de 15 actividades de custodia ambiental durante este 2018 na Zarra da Pena, unha parcela incluída na ZEC e Zona de Rede Natura Sobreiral do Arnego. O proxecto de custodia inclúe accións de educación ambiental, de descuberta de biodiversidade, de divulgación dos valores ambientais da zona, así como de recuperación de refuxios, pozas ou vexetación autóctona. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade.
26/02/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
O programa de voluntariado en ríos de ADEGA, Proxecto Ríos, vén de publicar os datos das inspección de 158 treitos de río inspeccionados en Galiza durante o ano 2017. O documento conclúe que, en xeral, a calidade dos ríos inspeccionados sufriu unha lixeira baixa con respecto a anos anteriores. Porén, o dato máis relevante é o que retrata o estado do bosque de ribeira, en mal estado na metade dos casos. Coñece outros datos que revela o Informe de Proxecto Ríos 2017 con Radio Cerna!
23/02/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Queres coñecer as novas máis destacadas da acutalidade ambiental? Escoita o boletín informativo de Radio Cerna!