Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

11/04/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

A ONU chama a contas a Xunta pola súa falta de transparencia

Ocultar información ambiental e ser pouco transparentes por parte das administracións públicas implica incumprir o Convenio Aarhus, un convenio internacional que dota de dereitos aos cidadáns para poder acceder a este tipo de información e participar nas decisións relativas a cuestións ambientais. Recentemente, varios colectivos da plataforma Contraminacción conseguiron que a ONU admitise a trámite unha queixa contra a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galiza por impedir o acceso a información relativa a expedientes administrativo de explotaciońs mineiras. Agora a ONU chama a contas, non só á Xunta de Galiza, senón tamén ao Ministerio de Medio Ambiente, para que expliquen cales foron as razóns que motivaron esa falta de transparencia. Cóntanos os detalles Ana Varela, membro da asociación Petón do Lobo.

09/04/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

O exemplo a seguir de Froxán na xestión dos montes

Para recuperar calquera territorio agredido ambientalmente fan falta recursos, pero sobre todo, vontade. É a lección que nos está a deixar a Comunidade de Montes veciñais de Froxán (Lousame) que vén de sumar a outros recoñecementos pola súa xestión ambiental o Premio Internacional European Outdoor Conservation Association. Este novo galardón permitirá á comunidade de Froxán recuperar unha turbeira e 20 hectáreas de terreo, agora cobertas de eucaliptos e acacias, con especies arbóreas autóctonas e non invasivas.

06/04/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 06/04/2018

Informámoste das novidades dos últimos días no noso país en materia ambiental. Escoita este boletín informativo ambiental de Radio Cerna! 

04/04/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Xoán R. Doldán: O petróleo é a causa fundamental da actual crise da Humanidade

O 85% da enerxía que consumo o conxunto da Humanidade procede de fontes fósiles, especialmente do petróleo. Pero xa sobardamos o teito de extracción do petróleo, o cénit do gas natural está próximo e o carbón haberá que desbotalo para enfrontarnos á mudanza climática. Estamos en crise, segundo o profesor de Economía Aplicada da USC e exdirector do INeGA, Xoán R. Doldán, e o futuro pasa pola transición cara a outro modelo económico e enerxético. Neste espazo resumimos a palestra do experto nas xornadas sobre Enerxía e Clima celebradas hai uns días na Deputación de Lugo.

02/04/2018   []   [6.88 MB]

Ramón Varela: A central térmica das Pontes emite a metade do CO2 de Galiza

Galiza é unha potencia enerxética, sen embargo a maior produción eléctrica galega procede dunha das industrias menos eficientes e máis contaminantes de Europa: a central térmica das Pontes. O experto en contaminación atmosférica e expresidente de ADEGA, Ramón Varela Díaz, participou nas xornadas sobre Enerxía e Clima da Deputación de Lugo, onde deu conta da importante contribución da industria galega á mudanza climática. 

26/03/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Impactos do Cambio Climático nos ecosistemas galegos

O experto do panel científico galego sobre Cambio Climático, Pablo Ramil Rego, participou nas Xornadas de Enerxía e Clima organizadas pola Deputación de Lugo, coa colaboración de ADEGA, para explicar os impactos e as previsións da mudanza climática en Galiza, onde xa se teñen constatado ata 12 tipos de afeccións: na temperatura, nas precipitacións, nos ecosistemas e nalgunhas especies de flora e fauna, entre outras. Afondamos no tema con Pablo Ramil.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal