25/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Un estudo da Universidade de Oviedo dirixido polo galego Pedro Álvarez-Álvarez confirma que o castiñeiro é unha especie que non foi introducida polo Imperio Romano, senón que xa estaba na rexión noroeste da Península, incluída Galiza, milleiros de anos antes da chegada dos romanos. Este dato podería mudar o estado de conservación da especie autóctona en Asturias e Galiza, e desbotar do discurso académico a errada comparativa que se fai entre o castiñeiro e outras especies de orixe foránea.
A investigación ademais demostra que o castiñeiro é unha especie plástica ás mudanzas climáticas e, por tanto, resistente ao cambio do clima cara a temperaturas máis elevadas. A Universidade de Oviedo certifica que Asturias e Galiza foron en Europa o refuxio do castiñeiro hai 6.000 anos, no Holoceno medio, cando as temperaturas eran máis elevadas que hoxe en día. Radio Cerna entrevista ao director do estudo.
23/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Un fallo do tribunal do contencioso administrativo da Coruña avala a decisión do Concello de rescindir o contrato coa empresa concesionaria da Feira Taurina. Tauro Siglo XIX alegou no seu recurso que a Tauromaquia é un ben de interese inmaterial que hai que promover e conservar. Sen embargo, o tribunal dálle a razón ao Concello por razóns de interese xeral. A sentenza podería marcar precedente.
20/04/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
Convidámoste a coñecer as novas máis relevantes que atinxen ao medio ambiente galego. Escoita este espazo de información ambiental.
18/04/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Nun momento no que o debate sobre o eucalipto rexorde con forza nacen as brigadas deseucaliptizadoras. A asociación ecoloxista Verdegaia crea esta figura de voluntariasdo para eliminar as especies invasoras, como eucaliptos ou acacias, nas parcelas ou montes galegos nos que os/as titulares propietarios/as dean permiso. Os grupos de traballo serán locais ou comarcais. As primeiras brigadas deseucaliptizadoras actuarán nos montes de Froxán (Lousame) esta fin de semana.
16/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A Organización Galega de Montes Veciñais en Mancomún (ORGACCMM) convoca para o vindeiro domingo, 22 de abril, unha manifestación en Santiago de Compostela por un Plano Forestal para un medio rural vivo. Tamén para reivindicar a titularidade comuneira dos montes veciñais, algo que está en risco desde as últimas modificacións lexislativas feitas pola Xunta de Galiza. Os comuneiros e comuneiras temen que lles rouben o monte a favor das empresas forestais, mineiras ou enerxéticas.
13/04/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece con Radio Cerna a información máis actual sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. Este venres facemos repaso!