Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

09/05/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

O Cambio Climático, tema principal de Galiciencia 2018

Hoxe comeza a Galiciencia, a feira de investigación científica que promove o Parque Tecnolóxico de Galiza na Tecnópole de San Cibrao das Viñas. Ata o vindeiro venres, 11 de maio, estudantes de Bacharelato, ESO e Primaria de toda Galiza exporán nesta mostra preto de 80 proxectos científicos, 13 deles destinados a abordar as problemáticas da mudanza climática. Radio Cerna coñece os detalles desta edición con Sabela Bouzo, coordinadora da organización de Galiciencia 2018.

07/05/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Dúas décadas tarde, a UE dá un respiro ás abellas

Houbo que agardar case 25 anos e a recompilar máis de 1.500 estudos para que a Unión Europea decidise prohibir os pesticidas neonicotinoides, aqueles que provocan problemas neurotóxicos nas abellas, favorecendo a súa desaparición. Dezaseis países membros, incluído o Estado español, votaron a favor da súa prohibición o pasado 27 de abril. A resolución foi acollida con alegría polos colectivos ecoloxistas e abelleiros.

04/05/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 04/05/18

No espazo de hoxe de Radio Cerna damos conta das novas ambientais máis relevantes da última semana acontecidas en Galiza. Non o perdas!

02/05/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Xeomorfoloxía fluvial e o QuiroRíos no XXVII Curso de formación de Proxecto Ríos

A formación é funddamental para desenvolver calquera proxecto de voluntariado ambiental. Por iso ADEGA e Proxecto Ríos organizar o XXVII Curso de Formación de voluntariado en ríos o vindeiro sábado 5 de maio na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). A formación que se impartirá tratará sobre  xeomorfoloxía fluvial e sobre o proxecto QuiroRíos.

30/04/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Informe "Al desnudo": A máis envases de plástico, máis rexeites de alimento...

Amigos da Terra publica un informe no que analiza a problemática ambiental e na saúde do uso de envases de plástico para uso alimentario. Ademais axudan ao consumidor/a a tomar decisións ambientalmente máis xustas á hora de mercar alimentos e alentan ás administracións a tomar medidas. En Galiza tan só se recupera o 11% dos residuos plásticos.

27/04/2018   [00:10:00]   [6.86 MB]

Boletín informativo ambiental 27/04/18

Escoita Radio CERNA e entérate do que pasa no medio ambiente galego!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal