Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

04/07/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

Novas normas para a agricultura ecolóxica na UE

Os tempos mudan tamén para a Agricultura Ecolóxica e por iso a Unión Europea aproba un novo texto legal para regular este tipo de producións. Co obxectivo de incentivar a agricultura ecolóxica, a protección de medio ambiente, e o benestar animal, promóvense unha serie de medidas que se terán que aplicar a partir de 2021. O CRAEGA fálanos dalgunha destas medidas.

02/07/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

Francisco López (CRAEGA): "A distribución estase volcando coa agricultura ecolóxica"

Radio Cerna entrevista a Francisco López Valladares no seu primeiro aniversario como presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). López Valladares analiza a evolución da agricultura ecolóxica en Galiza nos últimos anos, nos que mellorou a distribución do produto, e aumentou en operadores, superficie e facturación. Destaca a evolución do leite ecolóxico, sector ao que se dedica.

29/06/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 29/06/18

Convidámoste a repasar con Radio CERNA e ADEGA a atualidade ambiental de Galiza. Escóitanos!

27/06/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Polo peche definitivo do vertedoiro compostelán da Grixoa

O vertedoiro e planta de tecnosolos de Grixoa súmase á lista de ameazas ambientais da comarca de Santiago de Compostela que están a provocar un forte rexeitamento social. O que ía ser un plan de recuperación dunha antiga canteira acabou derivando nun vertedoiro de cascallos e residuos de todo tipo que servirían para a elaboración de tecnosolos ou solos artificiais. Sen embargo, os veciños e veciñas da parroquia levan anos denunciando irregularidades no tratamento dos residuos e incumprimentos do proxecto que provocarían a contaminación de mananciais e ríos da comarca. A Xunta, logo de confirmar que a empresa non cumpre cos parámetros ambientais, pechou preventivamente a parte do vertedoiro dedicada á fabricación de tecnosolos. A veciñanza reclama o peche definitivo do vertedoiro e a análise dos solos afectados.

25/06/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

A ILP do bosque galego consegue un respaldo social masivo

A Iniciativa lexislativa popular promovida por máis de 60 colectivos integrados nas plataformas Cousa de Raíces e Alianza por un medio rural galego vivo consegue o apoio de máis de 42.000 galegas e galegos para ser presentada no Parlamento de Galiza. No presente espazo de Radio Cerna coñecemos a valoración que fan os principais promotores da campaña a favor desta ILP na defensa do bosque galego e contra os incendios forestais que, previsiblemente, será debatida no Parlamento despois do verán.

22/06/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 22/06/18

Inauguramos estación cun novo boletín informativo sobre a actualidade ambiental galega. Valo perder?

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal