18/07/2018 [00:10:00] [6.93 MB]
Elnosa, a fábrica electroquímica de Ence, situada no complexo industrial de Lourizán, dentro da ría de Pontevedra, despídese da ría. A dirección da empresa vén de anunciar esta despedida a causa da falta de resposta da D.X. de Costas do Estado á súa solicitude de prórroga de actividade en Lourizán. APDR acolle a nova con cautela e di que, de confirmarse a saída de Elnosa o vindeiro 29 de xullo, sería o preludio da marcha de Ence da ría de Pontevedra.
16/07/2018 [00:10:00] [6.91 MB]
Hai 9 anos, o río Barbaña, de San Cibrao das Viñas, sufría a súa peor catástrofe ambiental. Un vertido industrial provocaba a morte duns 17.000 peixes e deixaba o río contaminado con metais pesados durante varios anos. Malia que aínda se descoñece a orixe do vertido, o caso está a ser xulgado nos tribunais do penal de Ourense. A fiscallía de medio ambiente pide varios anos de cárcere para tres responsables da empresa xestora da depuradora de San Cibrao, a cal supostamente non dispoñía dos requirimentos necesarios para afrontar este tipo de vertidos. A plataforma "Ríos Limpos" constituída por colectivos e veciñanza afectada conseguiu finalmente que o caso chegase aos tribunais logo de varios intentos fallidos.
13/07/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
O peche de Elnosa, a comisión de investigación do sinistro do Alvia, ou o pronunciamento da Xunta sobre a mina de Touro-O Pino, serán entre outras as novas de actualidade ambiental de Galiza que atoparás neste espazo promovido pola asociación ecoloxista ADEGA.
11/07/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
O coñecido como "Bosque Paraíso" de Oleiros está en risco. Unha urbanización promovida por coñecidos empresarios da Coruña ameaza con eliminar gran parte deste espazo natural considerado o último reduto de bosque da ría do Burgo. A Asociación de Veciños Colonia O Paraíso de Oleiros reclama a conservación do bosque e da súa biodiversidar por riba dos intereses especulativos do territorio. Falamos coa voceira deste colectivo, Charo López.
09/07/2018 [00:10:00] [6.92 MB]
A asociación ecoloxista ADEGA lanza o seu programa de concienciación sobre residuos sólidos urbanos na comarca do Barbanza "O lixo desde o teu concello". Trátase dunha oferta ampla de actividades ás que se poden sumar entidades, asociacións, centros de ensino e calquera tipo de colectivos desta comarca nas que se aprenderá a reciclar, reducir e reutilizar de forma didáctica e divertida.
06/07/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Hoxe coñece con nós a actualidade ambiental galega. Escoita Radio Cerna!