05/11/2018 [00:10:00] [6.92 MB]
A tese do investigador da USC, Adrián Dios Vicente, analiza a evolución dunha das empresas do sector eléctrico español máis importante: Unión Fenosa. Fai o repaso aos 26 anos de vida da compañía fortemente unida a Galiza nun principio e da que logo se desprendería por completo. As diferentes estratexias de crecemento, de internacionalización e diversificación, a intervención dos bancos e do goberno estatal marcaron o destino dunha empresa que conseguiu acadar cotas de éxito importantes dentro e fóra de España, pero que finalmente finou en 2008 absorvida por Gas Natural. A súa aposta final polo carbón foi o seu golpe de gracia.
31/10/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
A cooperativa e comercializadora de enerxías renovables, Nosa Enerxía, anuncia que será a primeira en lanzar un servizo de mobilidade colectiva a través de coche eléctrico. Tras tres anos de existencia, a cooperativa xa conta con preto de 600 socios e socias, que apostan polo coche eléctrico como vehículo de futuro. Por iso, vén de adquirir en Alemaña un coche eléctrico que desde 2019 poderán utilizar os seus socios/as para desprazamentos de ata 1000 quilómetros. Coñecemos os detalles do servizo con Pablo Álvarez, presidente de Nosa Enerxía.
29/10/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Nace un novo movemento ecoloxista na área de Compostela. Trátase da Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre, composta por oito plataformas que actúan nesa área xeográfica fronte a diferentes proxectos ou plans agresivos co medio, a saúde e a calidade de vida das persoas. Entre eles destacan os vertedoiros de Lesta e Casalonga, a destilaría de Rois, os eólicos de Ordes, as minas de Touro e de Erimsa. Tamén se unen os colectivos na defensa do río Sar e a asociación A Picota-Trazo. A rede intentará facer presión diante das administracións públicas para defender unha ordenación do territorio amable coa sociedade e maiores garantías ambientais.
26/10/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece a actualidade máis destacada sobre o ecoloxismo e o medio ambiente galego. Repasamos as novidades da semana.
24/10/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Catro alumnos do Instituto Politécnico de Santiago de Compostela idean unha trampa para velutinas elaborada con impresora 3D que consegue atrapar só esta especie foránea, deixando libres os demais insectos. Trátase dunha trampa selectiva denominada Open Source Velutina (OSV), de código aberto, que se pode construír desde a casa e cuxo deseño se pode descargar desde a web http://malditohimenoptero.ga, e mesmo se pode modificar.
22/10/2018 [00:10:00] [6.86 MB]
Estudosos da avespa velutina advirten que algunhas das estratexias que se están a levar a cabo para frear a expansión da avespa velutina non teñen probada a súa eficacia e que poderían ter efectos secundarios prexudiciais para o medio ambiente. Radio Cerna pregunta a algúns destes expertos sobre a eficacia do trampeo masivo e da retirada dos niños da especie.