19/11/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Unha vez rematado o xuízo por prevaricación urbanística contra o alcalde de Barreiros e o seu equipo de goberno, as partes implicadas agardan diferentes resultados do fallo. ADEGA presentou as súas expectativas en rolda de prensa. Advirte que, de non haber condena penal neste caso, as consecuencias afectarían negativamente a todo o urbanismo galego e confía en que os tribunais fagan xustiza.
16/11/2018 [00:10:00] [6.92 MB]
Repasa con nós a actualidade ambiental galega!
14/11/2018 [00:10:00] [6.91 MB]
Hoxe dedicamos un programa especial aos compañeiros e compañeiras de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, que veñen de gañar nos tribunais un recurso contra a resolución da Xunta que obrigaba a pechar os micros desta emisora social hai agora un ano. Desde Radio Cerna, espazo que se emite en CUAC FM, queremos sumarnos á celebración desa vitoria que, ao fin e ao cabo, é a vitoria de todas as emisoras e espazos que damos voz aos colectivos sociais e ás minorías.
12/11/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de impulsar unha nova Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para promover a reversión á xestión de púbica de concesións hidráulicas para o aproveitamento enerxético que teñen máis de 75 anos ou que están a piques de cumprilos. Esta ILP sucede a outra presentada hai 3 anos por unha tarifa eléctrica galega que, finalmente, foi rexeitada polo Partido Popular. O obxectivo de ambas as dúas propostas é que a sociedade galega recupere para a xestión pública concesións enerxéticas privadas que non están a compensar os danos ambientais e sociais que exercen no país. E, coincidindo co ERE de Alcoa, propón a creación dunha tarifa eléctrica especial para a industria electrointensiva.
09/11/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Coñece a actualidade medioambiental de Galiza en 10 minutos! As novidades da semana nun click!
07/11/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
A Sociedade Galega de Ornitoloxía pide ás deputacións provinciais de Lugo e de Ourense que abandonen o proxecto para a colocación dunha tiroliña no espazo natural protexido dos Canóns do Sil. A tiroliña uniría as dúas marxes do río, entre os miradores do Duque e de Matacás, coa pretensión de converter na segunda de maior lonxitude en Europa. De executarse, advirte a SGO, estaríase a crear un importante impacto sobre os valores naturais da zona e na avifauna protexida.