Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

03/12/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

O inicio do movemento social polo peche das térmicas galegas

Varias entidades ecoloxistas galegas xúntanse no movemento "Galiza, por un futuro sen carbón" para demandar que se comece a planificar o peche das centrais térmicas emprazadas en Galiza, de Meirama e As Pontes. Este movemento social insta ás adminsitracións galega e estatal a deseñar canto antes unha folla de ruta cara a descarbonización, ineludible e imprescindible, do país ante o reto do cambio climático.

30/11/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 30/11/18

O futuro enerxético do país centrou a actualidade ambiental galega desta semana. Queres coñecela? Preme e escoita!

28/11/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

A xestión dos Camiños de Santiago, posta en cuestión polo Icomos

A dous anos do Ano Xacobeo e no ano europeo do Patrimonio Cultural, a xestión dos Camiños de Santiago por parte da Xunta de Galiza e do Estado está a ser posta en cuestión por varios colectivos e, mesmo, polo Icomos, un organismo encargado de velar polo cumprimento dos criterios polos que a Unesco declara Bens Patrimonio da Humanidade. A delegación española do Icomos critica en particular o impacto potencial sobre o Camiño Francés de aprobarse a reapertura da mina Touro-O Pino. E colectivos como a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago ou o Foro do Camiño Primitivo chaman tamén a atencións sobre a perda de identidade e do carácter tradicional das vías de peregrinación por mor das obras de "acondicionamento" da Axencia Galega de Turismo. Así mesmo, tamén lamentan o abandono e a falta de implicación das autoridades locais e autonómicas na preservación e posta en valor dos Camiños de Santiago.

26/11/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

ILP do Bosque: "Malia a súa derrota no Parlamento, esta Iniciativa foi todo un éxito"

Superada a fase da defensa da ILP a prol do bosque autóctono no Parlamento de Galiza, onde foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PsdG, as entidades promotoras da ILP fan balance. Os representantes das diferentes palataformas e entidades que promoveron esta Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do Bosque Galego e contra os incendios forestais valoran o resultado da votación para a toma en consideración da ILP, pero tamén a campaña no seu conxunto. E insta a coller de novo pulo para seguir reivindicando outro monte e outro rural para Galiza.

23/11/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 23/11/18

Descubrimos neste espazo de radio os temas máis relevantes da actualidade ambiental galega: Unha ILP do bosque desbotada polo Parlamento, rebaixas nas faixas de seguridade fronte os lumes, verteduras en ríos e unha nova plataforma ecoloxista..., entre outros acontecementos.

21/11/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

O Parlamento Galego rexeita a ILP do bosque apoiada por 40.000 persoas

A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do bosque galego defendou onte no Parlamento de Galiza os contidos desta proposta de Lei. Os votos negativos do PP e a abstención do PsdG tumbaron a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa. Neste espazo recollemos parte das intervencións da presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, representante da Comisión Promotora, e dos voceiros dos grupo parlamentarios.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal