Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

19/12/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

A custodia do Sobreiral do Arnego en 2018

ADEGA realizou, co apoio da Fundación Biodiversidade, máis de 15 actividades de custodia do Sobreiral do Arnego durante 2018, que se dividiron en actividades de divulgación e de intervención: bioblitz de flora e fauna, construción de refuxios, plantación de sobreiras, eliminación de especies exóticas invasoras, etc. O Sobreiral do Arnego é un espazo de Rede Natura conformado por parcelas de particulares, algúns dos cales teñen asinado proxecto de custodia con ADEGA.

17/12/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Un plan para o control das especies exóticas invasoras en ríos

Cada vez máis especies exóticas invasoras aparecen nos nosos ríos prexudicando a biodiversidade propia e creando, mesmo, problemas de saúde pública. O proxecto europeo Life-Invasaqua promovido por entidades, colectivos, institucións e centros de investigación de toda a Península, elaborará un plan contra as especies exóticas de augas continentais. A Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con da Universidade de Santiago de Compostela participa neste proxecto europeo con finalidades concretas, que coñeceremos co seu director Fernando Cobo.

14/12/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 14/12/18

Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna. Resumímola en 10 minutos!

12/12/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

GEAS cumpre 15 anos educando sobre a fauna salvaxe

O Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes xurdía hai 15 anos en Santiago de Compostela para estudar, divulgar e concienciar sobre a fauna salvaxe. A piques de rematar este ano 2018, facemos un repaso á súa traxectoria co seu presidente, o biólogo e especialista en fauna salvaxe, Xosé Pardavila. GEAS está especializado no seguimento de mamíferos carnívoros e tamén realiza un inventario de animais mortos por atropelo na Península Ibérica.

10/12/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

A biodiversidade nas carballeiras duplica á dos eucaliptais

Un novo estudo elaborado por profesores da USC e de ensino secundario vén a confirmar a idea de que existe máis diversidade de plantas e animais nos bosques caducifolios que nas plantacións de eucalipto. A recente investigación comparou a diversidade e abundancia de especies en catro plantacións de eucalipto fronte a catro carballeiras da provincia de Pontevedra. Os resultados conclúen que existe unha diferenza significativa.

05/12/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

A futura Cidade do Celta ameaza dous montes veciñais en man común

O concello de Mos pretende expropiar parte de dous montes veciñais en ma común para construír enriba de solo rústico de protección forestal a futura Cidade Deportiva do Celta de Vigo e un centro comercial. ADEGA-Vigo e as comunidades de montes afectadas opóñense ao proxecto por consideralo un novo "pelotazo" urbanístico, ademais dos seus potenciais impactos sobre o abastecemento de auga da veciñanza e sobre as formacións de bosque.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal