Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

18/01/2019   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 18/01/19

O peche da térmica de Meirama encabeza a serie de novidades que esta semana nos deixou no eido ambiental e ecoloxista. Convidámoste a coñecelas todas!

16/01/2019   [00:10:00]   [6.90 MB]

O vexetal na arquitectura: materiais, usos e aplicacións

O vexetal, as plantas, sempre estiveron presentes na Arquitectura e cada vez entra máis nas tendencias actuais. Varios arquitectos e arquitectas escribiron a obra "Arquitectura Vegetal" para rachar coa idea de que os elementos naturais e o deseño arquitectónico van por diferentes camiños. María Antonia  Fernández Nieto, profesora de proxectos arquitectónicos  na Universidade Francisco  de Vitoria de Madrid fálanos das dimensións que o vexetal ocupa nesta disciplina.

14/01/2019   [00:10:00]   [6.89 MB]

O Plan Revitaliza a exame: tres anos compostando o lixo de Pontevedra

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra cumpre 3 anos desde que se puxo en marcha coa finalidade de tratar adecuadamente o lixo orgánico da provincia e cumprir as esixencias da UE en materia de residuos. Por outra banda, preséntase como alternativa ao modelo Sogama, no que se prioriza a incineración e o vertedoiro. Tras este trienio a Deputación pontevedresa fai avaliación de resultados e analiza a evolución do proxecto.

11/01/2019   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 11/01/19

Coñece a actualidade ambiental galega da última semana, aquí en Radio Cerna!

09/01/2019   [00:10:00]   [6.88 MB]

Fomentan o emprego verde nas Reservas da Biosfera

A consultora Sinerxia desenvolve o proxecto Ecobios de Emprego verde que intenta fomentar postos de traballo respectuosos co medio natural en 3 Reservas da Biosferas, 2 delas galegas: As Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo (Galiza); Eo-Oscos-Burón (Galiza-Asturias) e Monfragüe (Estremadura). O proxecto desenvolverase a través do programa Emprega Verde da Fundación Biodiversidade. Ecobios dirixirá a súa formación aos sectores produtivos de carácter ecolóxico.

07/01/2019   [00:10:00]   [6.89 MB]

Piden á UE que retome o caso do encoro do Umia

A plataforma antiencoro do río Umia volve a reclamar o derrubo do encoro da Baxe para eliminar o risco ambiental e para a saúde das persoas que xera a toxicidade das augas encoradas. Desde 2006, a cianobacteria microcystis reaparece regularmente no encoro da Baxe de Caldas de Reis sen que ata o momento se teña atopado outra solución para eliminala. Desde a plataforma reclámase á Comisión de peticións europeas que retome o procedemento por infracción que se abrira en 1998 contra o Estado español polo incumprimento do proxecto de dúas directivas europeas. Aluden á falta de utilidade pública do encoro e chaman a atención, pola contra, na súa incidencia sobre a saúde das persoas.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal