Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

18/03/2019   [00:10:00]   [6.88 MB]

ADEGA lanza a campaña #SalvemosCovasVale

ADEGA, xunto cos colectivos Mariña Patrimonio, Cultura do País e Patrimonio de Ancares, lanza a campaña #SalvemosCovasVale. A iniciativa, que foi presentada ao público xeral o pasado venres, trata de protexer de forma integral unhas cavidades naturais de Baralla que se atopan ameazadas por un proxecto mineiro, xa aprobado pola Xunta. ADEGA insta á Dirección Xeral de Patrimonio que rexeite a canteira e proceda a prospectar a fondo os terreos afectados polo proxecto mineiro para confirmar o interese xeolóxico, arqueolóxico, paleontolóxico e, incluso, artístico que agochan estas covas.

15/03/2019   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 15/03/19

Queres coñecer a actualidade do ecoloxismo e o medio ambiente de Galiza? Este é o teu espazo! Preme e entérate!

13/03/2019   [00:10:00]   [6.90 MB]

Suspendida a caza en Castela e León ata nova orde

Dous autos do Tribunal Superior de Castela e León fallan a favor do Partido Animalista PACMA e suspenden cautelarmente o regulamento e a orde de caza desta comunidade autónoma por incumprir a lexislación estatal e europea en materia de conservación das especies salvaxes. Por primeira vez unha orde xudicial pon en vilo o futuro da actividade cinexética no territorio español. PACMA valora de xeito moi positivo a disposición da Xustiza e agarda que o Tribunal non ceda ás fortes presións ás que está a ser sometido, segundo nos explicou a voceira da formación, Laura Duarte.

11/03/2019   [00:10:00]   [6.92 MB]

Ancares e Courel, destinos "Observer" para o turismo científico

O selo que certifica o interese científico dun destino turístico vén de ser adquirido polas serras de Ancares e Courel. Unha empresa promove este marchamo de calidade para promocionar os espazos naturais protexidos, entre outros, polo se valor ou interese científico. Ademais das serras orientais, tamén dispón deste recoñecemento o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Hoxe coñecemos de primeira man esta nova certificación de calidade turística coa súa impulsora, Maite Vence.

06/03/2019   [00:10:00]   [6.87 MB]

A entrada de madeira ilegal e de sangue por Galiza

Polos portos galegos entra madeira ilegal, segundo Greenpeace. O colectivo insta á Xunta a tomar medidas para evitar a entrada de madeira ilegal ou de sangue, tal e como a obriga a normativa. Greenpeace tamén presentou denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente para que o ministerio fiscal investigue se as autoridades galegas están a incorrer en delito, ao non establecer as medidas necesarias para eviar o paso deste tipo de madeira por Galiza.

04/03/2019   [00:10:00]   [6.89 MB]

Recuperar para uso público a única zona de baño do Miño en Lugo

A plataforma Lugo de Cara ao Miño insta ao concello de Lugo a que  compita co Club fluvial lucense polo treito do río Miño do que fixo uso privativo a entidade deportiva durante máis de 60 anos. A concesión do Club Fluvial atópase en trámite de renovación de concesión, durante o cal calquera entidade pode competir por ese espazo de dominio público hidráulico. Lugo de Cara ao Miño cre que esta é unha oportunidade de ouro para recuperar a única zona de baño que ten Miño ao seu paso por Lugo para toda a cidadanía, ademais de ser a solución máis barata, ecolóxica e xusta para dotar Lugo dunha praia fluvial.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal