26/04/2019 [] [6.91 MB]
Recuperamos a emisión de Radio Cerna logo dunha semana de pausa. Hoxe volvemos a abordar a actualidade ambiental galega, e a partir de agora todos os venres. Tamén na túa emisora local! Escoita Radio Cerna!
12/04/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
Escoita o programa de radio no que facemos repaso da actualidade ambiental e ecoloxista de Galiza.
Desde hoxe ata o vindeiro 26 de abril non emitiremos espazos con contidos actualizados debido á reestruturación da nosa programación. Agardámoste daquela!
10/04/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
A catedrática en bioloxía, escritora e expresidenta de ADEGA, Adela Figueroa Panisse, vén de recibir o premio Osíxeno de Honra que outorga a asociación ecoloxista ADEGA a persoas cunha comprometida traxectoria vital co medio ambiente galego. Hoxe falamos coa galardoada, coa que repasaremos algúns dos fitos da súa vivencia no ecoloxismo galego.
08/04/2019 [00:10:00] [6.91 MB]
Os premios de ADEGA ás mellores e peores actitudes ambientais do ano 2018 foron entregados o pasado 31 de marzo en Bueu no marco da 43 Asemblea Xeral do colectivo ecoloxista galego. Os galardóns osíxeno recaeron en movementos ecoloxistas que defenden os ríos e os montes. Os dioxina foron parar a persoas e colectivos que priman os intereses da industria mineira sobre os sociais e ambientais. Se queres saber cales foron os premiados, preme e escoita.
05/04/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna. Só 10 minutos de escoitas para estar ao día!
03/04/2019 [00:10:00] [6.93 MB]
Tras 8 anos de incertidume, por fin a Xunta declara o Río Gafos de Pontevedra como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta figura de protección ambiental implicará un plan de investimentos por parte do Concello de Pontevedra para favorecer a conservación do espazo e a recuperación dos seus valores naturais. A Asociación Vaipolorío foi unha das impulsoras desta iniciativa que agora vén de acadar o seu obxectivo.