29/01/2026 [10:00:00] [12.69 MB]
A Xunta de Galiza pide ao Tribunal Superior de Xustiza que levante a suspensión cautelar da caza do lobo, un movemento que ADEGA interpreta como cortina de fume para tapar as súas políticas regresivas no rural. Doutra banda, o proxecto de central de bombeo de Meirama poñería en risco a auga potábel da Coruña. E outro proxecto, neste caso mineiro, prevé a explotación de caolín durante un período de 30 anos no concello coruñés de Laxe, con dúas minas a ceo aberto. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordou a paralización cautelar do parque eólico Patiñeiro, promovido por Naturgy Renovables no concello de Vimianzo, ao apreciar risco de danos ambientais irreparables. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
22/01/2026 [10:00:00] [12.45 MB]
A Fiscalía investiga unha canteira en Lugo por ocupar ata dez veces máis terreo do autorizado. ADEGA denuncia a fragmentación ilegal dun macroproxecto de biometano en Curtis e alerta de que é ambiental e economicamente inviable. En materia de residuos, a asociación considera un paso atrás a incorporación da Mancomunidade Serra do Barbanza a SOGAMA. O Parlamento Europeo decide paralizar o acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur. Todo isto e máis, en Radio Cerna.
19/12/2025 [10:00:00] [12.63 MB]
A lei "ómnibus ambiental" da CE consolida a política de territorios de sacrificio e atenta contra os dereitos humanos. Semana tamén de importantes mobilizacións: miles de persoas mobilizáronse o pasado domingo en Santiago de Compostela nunha multitudinaria manifestación contra a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei; e o martes, a Coordinadora Eólica Así Non concentrouse ante o Parlamento contra os cambios lexislativos que afondan no espolio eólico. Nesta mesma materia, ADEGA vén de lanzar unha nova campaña de doazóns, baixo o lema #TiPodesParalos, para frear o parque eólico As Louseiras na Terra Chá.
13/12/2025 [10:00:00] [12.91 MB]
Unha vintena de persoas voluntarias, coordinadas por ADEGA, participou esta fin de semana nun campo de traballo ambiental destinado a restaurar os montes queimados da aldea do Sexo, na Agolada. Galiza está chamada a volver colapsar Compostela este domingo para darlle a estocada final ao proxecto de macrocelulosa de Altri. E, ao tempo, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración ás portas do Parlamento de Galiza o vindeiro 16 de decembro baixo o lema “por moita lei que cambien, non nos taparán os ollos". Todo isto e máis, en Radio Cerna!
04/12/2025 [10:00:00] [12.43 MB]
A emerxencia cinexética da Xunta podería contribuír a espallar a peste porcina africana. ADEGA impulsa un novo campo de voluntariado para restaurar zonas queimadas na Agolada. Ulloa Viva, a PDRA e Mina de Touro-O Pino Non chaman a "poñer fin" á ameaza da macrocelulosa de Altri cunha masiva mobilización o vindeiro 14D en Compostela. O río Gafos, en Pontevedra, volverá á vida... Todo isto e máis, en Radio Cerna!
27/11/2025 [10:00:00] [12.59 MB]
A sociedade público-privada Recursos de Galicia negocia con Acciona a adquisición de 26 parques eólicos. A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración ás portas do Parlamento de Galiza baixo o lema “por moita lei que cambien, non nos taparán os ollos”. aA Xunta investirá uns 62.000 euros en espadanas para crear unha zona húmida artificial destinada a reducir a acidez das augas que baixa pola AG-64, a autovía Ferrol–Vilalba que ameaza o Eume desde hai dúas décadas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!