Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

18/12/2020   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 18/12/20

Esta semana veu cargada de boas novas para os movementos ecoloxistas e para o noso patrimonio natural e cultural. O TSXG anula o proxecto eólico Serra do Iribio en Ancares-Courel, zona de Rede Natura; o TS anula a licenza municipal da canteira de Cementos Cosmos de Triacastela que ameaza o BIC Cova Eirós e tamén o TSXG se pronunciou a favor dos traballadores de Alcoa e en contra do ERE presentado pola multinacional. Ao par, apróbase o estatuto de electrointensivas... Estas e outras novas, no último espazo de Radio Cerna deste ano 2020. Valo perder? Felices festas e ata o ano 2021!

11/12/2020   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 11/12/20

Neste boletín informativo de Radio Cerna resúmese a actualidade ambiental galega da semana. Entre outras novas, falamos da sentenza do TSXM sobre o eucalipto, as novas leis de recuperación de terras agrarias e de reactivación empresarial, ou a denuncia na fiscalía de vertidos tóxido ás Gándaras de Budiño ou a posible ilegalidade de varias granxas de visón radicadas en Galiza. Preme e escoita.

04/12/2020   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 04/12/20

Ameaza a sombra de novas mareas negras cos casos de encallamento do buque afundido no día de onte en Vigo, ou co quimiqueiro que tivo que ser remolcado ao porto exterior da Coruña, nunha semana no que se celebra o 18 cumpreanos da catástrofe ecolóxica producida polo Mar Exeo, enfronte as costas da Coruña. Alén diso, a transición ecolóxica e os proxectos estrela da Xunta volven apuntar cara unha nova eucaliptización e a implantación masiva de eólicos nos montes galegos sen ningún tipo de ordenación. Ademais destas, outras novas conforman a actualidade ambiental galega desta semana. Escóitaa en Radio Cerna!

27/11/2020   [00:10:00]   [6.91 MB]

Boletín informativo ambiental 27/11/20

En tan só unha semana o goberno de Núñez Feijóo destituíu a dous dos seus pesos pesados, os directores de enerxía e mina e de montes, e na mesma, anuncia unha lei de reactivación empresarial e modificación 25 normas a través da lei de acompañamento dos orzamentos. Estas e moitas outras novidades da semana en Radio Cerna.

20/11/2020   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 20/11/20

No boletín informativo ambiental de hoxe: directrices da paisaxe, manifesto galego pola moratoria de novos parques eólicos e sentenza sobre o eucalipto. Non o perdas! Preme e escoita.

13/11/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 13/11/20

A sentenza do TSXG que anula o parque eólico das Sasdónigas de Mondoñedo e o peche masivo en Europa de granxas de visón americano por ser especie transmisora da Covid-19 algúns dos temas que centran a actualidade ambiental galega e que repasamos neste espazo de Radio Cerna.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal