29/10/2021 [00:10:00] [5.74 MB]
O colectivo ecoloxista ADEGA constata con datos sobre plantacións ilegais o efecto chamada da moratoria do eucalipto, a través da súa campaña de denuncia forestal. Nesta semana a Xunta abandonou o grupo de traballo do Ministerio sobre o lobo para deseñar a súa propia estratexia sobre a xestión desta especie protexida xunto con Castela e León, Cantabria e Asturias. Estas e outras novas sobre o medio ambiente galego contámoschas en Radio Cerna... Escóitanos!
22/10/2021 [00:10:00] [5.74 MB]
Desta volta a actualidade informativa de Galiza recolle a nova sentenza contra Ence da Audiencia Nacional, a moratoria da Xunta a novas solicitudes de parques eólicos ou a denuncia de ADEGA dunha nova central hidroeléctrica de bombeo no ZEC Macizo Central, espazo protagonista deste informativo.
15/10/2021 [00:10:00] [5.72 MB]
Temas de profundo calado ambiental protagonizaron o debate do Estado da Nación, no que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, despreciou os movementos sociais críticos cos macroproxectos eólicos, os cales cualificou de "déspotas". A manifestación de Aliente en Madrid "Renovables Si, pero non Así", a nova lei de protección dos dereitos dos animais e o potencial peche das granxas de visión de Galiza, entre outros temas, centraron a actualidade ambiental da semana.
08/10/2021 [00:10:00] [6.90 MB]
Hoxe achegamos un espazo de radio exultante de actualidade ambiental. A semana deixounos novas sobre Endesa e a súa intención de volver queimar carbón nas Pontes, o inico da xudicialización eólica por parte de ADEGA, a publicación oficial do novo Plan Forestal ou o novo proxecto da Mina de Touro, entre outras... Escoita!
01/10/2021 [00:10:00] [6.90 MB]
Plan de Conservación da Fraga de Catasós, vertidos en rías e limpeza simultánea de ríos, entre outros dos acontecementos ambientais da última semana, aquí en Radio Cerna!
24/09/2021 [00:10:00] [6.93 MB]
Sen dúbida, a nova ambiental da semana protagonizouna o lobo. Pasa a ser especie protexida, aínda que non se prohibe na totalidade a súa caza. Os segundos protagonistas: os encoros. ADEGA presenta denuncia na Fiscalía contra a Xunta e as eléctricas polo suposto baleirado irregular dos encoros en días nos que o prezo da luz acada máximos históricos, e novos aproveitamentos hidroeléctricos asoman nas balsas mineiras de Meirama e As Pontes. Por outra banda, o encoro das Cunchas aspira a ser declarada zona vulnerable por contaminación de nitratos...