18/03/2022 [00:10:00] [6.87 MB]
A guerra en Ucraína volve instar ao debate social sobre a soberanía alimentaria e enerxética. Organizacións sindicais e ecoloxistas avogan por que se promovan políticas que favorezan condicións de produción propias encamiñadas a autoabastecernos de alimentos e tamén de enerxía. Porén, algunhas asociacións como a de empresarios da eólica pulan polo modelo enerxético centralizado e oligopólico, mentres outros pulan por un modelo descentralizado e público de enerxías renovables. A coordinadora Eólica Así Non convoca a unha mobilización o mércores 23 pola defensa dos dereitos de información e participación da cidadanía durante a vaga eólica e pasado maña, Galiza maniféstase pola Paz nas sete cidades galegas. Por diante, unha semana chea de mobilizacións....
11/03/2022 [00:10:00] [6.89 MB]
A actualidade medioambiental galega segue xirando arredor da invasión eólica e dos proxectos de enerxía renovábel agresivos co territorio galego: a central hidroeléctrica do Xistral, Monte Neme, etc. Mais as eléctricas procuran novas formas de afacerse co crédito social... Se queres coñecelas, escoita!
04/03/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
O tribunal Supremo falla a favor da veciñanza afectada polos parques eólicos Sasdónigas I e II de Mondoñedo e senta xurisprudencia sobre a fragmentación artificial de proxectos. Esta sentenza podería ser un dos maiores golpes de efecto contra a invasión eólica que estamos a vivir no país, xa que moitos dos proxectos en tramitación adoecen deste mesmo defecto: a fragmentación artificial de parques para esquivar a avaliación ambiental de conxunto. Os colectivos e plataformas críticos co actual modelo eólico celebran a sentenza. E en Castrove, a aparición dunha planta en perigo crítico de extinción pon en dúbida a viabilidade do proxecto eólico que se pretende instalar neste enclave do concello de Poio. Estas e moitas outras novas poderalas escoita neste espazo de Radio Cerna.
25/02/2022 [00:10:00] [6.90 MB]
A negativa da Xunta á central hidroeléctrica do Valadouro tramitada polo Ministerio ou o debate sobre as concesións hidroeléctricas caducas poñen a explotación enerxética dos ríos no foco de atención da información ambiental da semana. E, como colofón, unha rutura da comporta dun encoro de Iberdrola en Vilamartín de Valdeorras. Máis detalles neste espazo de Radio Cerna.
18/02/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
Esta semana producíronse algúns pasos favorables á ofensiva social contra a avalancha eólica. O TSXG admitiu os recursos de ADEGA contra tres parques eólicos de Greenalia da comarca do Xallas que afectan a unha especie de planta única no mundo. E tamén se coñeceu a desestimación por parte das promotoras de 9 parques eólicos na provincia de Pontevedra. No eido da explotación eléctrica dos ríos, Augas de Galiza pronúnciase sobre a extinción de concesións. Escoita #RadioCerna
11/02/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
A seca na bacía Galiza-Costa, a central hidroeléctrica de Valadouro, os eólicos mariños, a nova lei do clima ou a afección dos microplásticos na saúde... algúns dos temas ambientais que foron noticia nesa semana. Escoita Radio Cerna!