Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

12/11/2021   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 12/11/21

As novas desta semana poñen en evidencia o conflito entre a necesidade de abordar de forma urxente a emerxencia climática e a necesidade de facelo sen sacrificar deliberadamente a conservación da biodiversidade e actividades compatibles cunha contorna sustentábel. Desde o Cumio de Glasgow ata o rexeitamento social aos macroparques eólicos ou o seu impacto sobre unha especie agora protexida: o lobo. Escóitanos!

05/11/2021   [00:10:00]   [5.71 MB]

Boletín informativo ambiental 05/11/21

Neste informativo semanal sobre o medio ambiente galego abórdanse feitos relacionados co sector forestal, a xestión do lobo e a vaga eólica, que segue provocando o nacemento de plataformas sociais en defensa do territorio. Coñece os detalles en Radio Cerna!

29/10/2021   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 29/10/21

O colectivo ecoloxista ADEGA constata con datos sobre plantacións ilegais o efecto chamada da moratoria do eucalipto, a través da súa campaña de denuncia forestal. Nesta semana a Xunta abandonou o grupo de traballo do Ministerio sobre o lobo para deseñar a súa propia estratexia sobre a xestión desta especie protexida xunto con  Castela e León,  Cantabria e Asturias. Estas e outras novas sobre o medio ambiente galego contámoschas en Radio Cerna... Escóitanos!

22/10/2021   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 22/10/21

Desta volta a actualidade informativa de Galiza recolle a nova sentenza contra Ence da Audiencia Nacional, a moratoria da Xunta a novas solicitudes de parques eólicos ou a denuncia de ADEGA dunha nova central hidroeléctrica de bombeo no ZEC Macizo Central, espazo protagonista deste informativo.

15/10/2021   [00:10:00]   [5.72 MB]

Boletín informativo ambiental 15/10/21

Temas de profundo calado ambiental protagonizaron o debate do Estado da Nación, no que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, despreciou os movementos sociais críticos cos macroproxectos eólicos, os cales cualificou de "déspotas". A manifestación de Aliente en Madrid "Renovables Si, pero non Así", a nova lei de protección dos dereitos dos animais e o potencial peche das granxas de visión de Galiza, entre outros temas, centraron a actualidade ambiental da semana.

08/10/2021   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 08/10/21

Hoxe achegamos un espazo de radio exultante de actualidade ambiental. A semana deixounos novas sobre Endesa e a súa intención de volver queimar carbón nas Pontes, o inico da xudicialización eólica por parte de ADEGA, a publicación oficial do novo Plan Forestal ou o novo proxecto da Mina de Touro, entre outras... Escoita!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal