27/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
É unha técnica de extracción de gas natural e petróleo que se está a estender en Estados Unidos e sobre a que se están a interesar algunhas comunidades próximas como Asturias ou León. Pero é un método moi agresivo co medio natural e perigoso para as persoas. Neste espazo coñeceremos o que é e ademais saberemos que posibilidades de desenvolvemento ten en Galiza.
26/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A Alianza por un medio rural galego vivo, formada por ADEGA, FRUGA, CIG e ORGACCMM, lanzan o manifesto para o aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante. Neste documento establécense os requirimentos mínimos indispensables por parte destas entidades para compatibilizar a minaría coa protección ambiental e outras actividades do territorio. Coñecemos os seus contidos neste programa.
25/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Responsables da empresa que subministrou pedra para a construción dos tellados do Gaiás e da residencia presidencial de Manuel Fraga están imputados por presunto delito ambiental. Tras unha denuncia de ADEGA de hai 6 anos pola presunta invasión de terreos da Rede Natura por parte da canteira, agora celébrase o xuízo no que se piden penas de ata 5 anos de cárcere.
22/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A través deste boletín informativo coñecerás cales foron os acontecementos desta semana no eido ambiental galego.
21/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Heike Freire, sociólogo, pedagoga e xornalista, experta en pedagoxía "verde" visitou Galiza para definir as necesidades de cambio do actual modelo educativo por un método de ensino máis aberto ao contacto coa natureza e a modos de coñecemento máis póximos á dinámica natural do mundo.
20/03/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
A cenoura brava e a balea común son as especies vexetais e animais escollidas desta volta para afondar no coñecemento da flora e fauna do país. Marga Miguens e Xosé Salvadroes descúbrennos os segredos destas dúas especies da natureza.