Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

16/05/2013   [00:10:00]   [5.75 MB]

III Concursos polo territorio de ADEGA

O colectivo ecoloxista ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxe polo territorio. Esta terceira edición enmárcase no programa "Cultura e Territorio" que pretende poñer en valor e fomentar o coñecemento do noso patrimonio ligado ao territorio. O prazo para a presentación de orixinais rematará o 1 de novembro.

15/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

As utilidades das algas na cociña e na medicina

As algas son abono, alimento, cosmética e medicina. Hoxe imos coñecer as súas propiedades como alimento e medicina da man dun experto en algas, Xacobo de Toro, que vén de impartir un curso de algas no equipamento de educación ambiental de Alvarella.

14/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O modelo pontevedrés de mobilidade. Referente europeo.

Pontevedra conseguiu converter a súa política de mobilidade urbana nun referente para varios países de Europa. Vén de recibir o premio europeo Intermodes de mobilidade sostible e xa está citado a participar en diversos foros internacionais sobre mobilidade. Coñecemos cal é o segredo deste éxito co concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera.

13/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O Gran corredor ecolóxico do sur de Europa

A construción dun grande corredor ecolóxico desde a Cordilleira Cantábrica ata os Alpes occidentais é un proxecto que se leva fraguando desde 2005. Os catro Estados implicados desenvolverán ao longo deste ano un Plano estratéxico que promova e planifique a creación deste Gran Corredor, o segundo no Estado español.

10/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 10/05/13

Neste boletín escoitarás as novas máis relevantes no eido ambiental desta semana. Non te quedes sen coñecelas!

09/05/2013   [00:10:00]   [5.75 MB]

Prohibidos os pesticidas que acaban coas abellas

Boa noticia para as abellas e, por tanto, para a humanidade. A UE prohíbe 3 pesticidas de uso masivo que están a acabar coas colmeas de abellas de toda Europa. É unha prohibición limitada por 2 anos e a partir do 31 de decembro deste ano. Falamos cun representante da Asociación Galega de Apicultores sobre este fito histórico.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal