Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

12/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

1º Atlas de aves de inverno do Estado

SEO/Birdlife acaba de publicar o 1º Atlas de aves de inverno do Estado español, logo de varios anos de traballo axudados por milleiros de colaboradores de toda España. Hoxe analizamos algúns datos curiosos que se extraen deste estudo co coordinador do mesmo.

11/06/2013   [00:10:00]   [5.75 MB]

Cal é o plan da Xunta para o oso pardo?

Hoxe falamos co Xefe de Servizo de Conservación da Natureza en Lugo, Antonio Callejo, quen nos explicará os contidos, obxectivos, e consecuencias do plan de recuperación do oso pardo en Galiza.

10/06/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Resistencia ao Plan de recuperación do oso pardo en Galiza

As poboacións das montañas orientais de Lugo resístense a adoptar calquera medida para recuperar o oso pardo en Galiza. Rexeitan o Plan de recuperación do oso pardo impulsado pola Xunta por entender que atenta contra as súas explotacións e xeitos de vida. Pola contra, colectivos ecoloxistas aseguran que este documento non terá graves repercusións para a vida dos locais e, mesmo, que é pouco regulador.

07/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 07/06/13

Escoita como discorreu a actualidade ambiental en Galiza nesta semana dedicada ao Medio Ambiente.

06/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Que é a Norma Granada?

A Asociación española de Parques e Xardíns Públicos creou hai uns 15 anos un método que serve para medir o valor das árbores e arbustos ornamentais. A Norma Granada, hoxe en día, é utilizada incluso máis alá do Estado español. Coñecémola neste programa Cerna.

05/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A Universidade de Santiago está no movemento da transición

O movemento en transición é internacional. Nace hai poucos anos para promover formas de vivir menos dependentes do petróleo e tendo en conta os riscos do cambio climático. A USC únese a este movemento para trasladar á comunidade universitaria principios de aforro, eficiencia, e responsabilidade ambiental.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal