Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

09/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A morte anunciada das gaiolas de salmón en Muros

Dous anos despois da instalación das gaiolas de salmón atlántico na ría de Muros e Noia, a infraestrutura atópase abandonada. Sen embargo, aínda non hai un pronunciamento oficial sobre o remate do proxecto da norueguesa North West Food na ría de Muros. Armadores e ecoloxistas piden a Xunta que se manifeste e que analice ata que punto estas instalacións poideron afectar á fauna e flora mariña.

08/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A historia descoñecida do encoro de Belesar

O encoro de Belesar cumpre 50 anos do río Miño, pero pouco se coñece da súa historia. O escritor e xornalista Alfonso Eiré, consciente desta eiva de contido na nosa historia documentada, realizou a súa propia pesquisa. Neste programa desvelará algúns dos segredos mellor gardados do encoro de Belesar.

05/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 05/04/13

Queres saber que aconteceu esta semana co medio ambiente galego? Escoita este espazo promovido por ADEGA e entérate!

04/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

"Castiñeiro e Nogueira", pola posta en valor da montaña de Lugo

A asociación Castiñeiro e Nogueira, finalista nos premios da UE en sensibilización no Patrimonio cultural, naceu hai 5 anos co propósito de poñer en valor a montaña de Lugo. Son veciños e veciñas de Becerreá  que queren dar a coñecer ao mundo os segredos mellor gardados dos Ancares. Campos de voluntariado, rutas de senderismo, labores de rehabilitación son algunhas das actividades que desenvolven.

03/04/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Fondo documental on-line sobre medio ambiente

O Centro de Documentación ambiental Domingo Quiroga do CEIDA (Oleiros) xa se pode consultar vía on-line. É o Centro de documentación ambiental máis completo de Galiza e agora é accesible a calquera usuario de internet. Coñece como.

02/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A toxicidade do pesticida máis usado no mundo

Ecologistas en Acción xunto cunha ducia de outras organizacións ecoloxistas e agrarias demanan un maior control sobre os pesticidas e, nomeadamente, sobre o glifosato, o agrotóxico máis utilizado en todo o mundo.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal