21/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Aquí recollemos as noticias da semana máis destacadas no ámbito ambiental galego. Coñéceas!
19/02/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
O Tribunal Supremo emite unha sentenza pola que se anula un proxecto urbanístico para a Fraga de Menáncaro de Ferrol, unha das poucas masas de árbores autóctonas que queda na comarca. A loita nos tribunais tardou 7 anos en acadar este éxito ecoloxista e veciñal, que achega un pouco máis a Fraga de Menáncaro á súa protección. Neste espazo escoitamos a un dos veciños que defendeu ante a Xustiza este espazo do proxecto especulativo e a un membro do colectivo ecoloxista ADEGA.
17/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Nin o mar, nin os ríos, nin o temporal son os culpables morais dos desperfectos sufridos na costa ou nas ribeiras. O factor humano é determinante neste tipo de situacións, tamén para prevelas. Porén, a mensaxe xeralizada que se está a dar desde os medios e outros focos de comunicación desvincula a actividade humana de calquera responsabilidade.
14/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Este boletín informativo achégate ás novas ambientais ou sobre a ecoloxía do país máis actuais. Escóitao!
12/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Onte publicouse o Informe anual de Proxecto Ríos 2013. Este documento dá conta dos resultados obtidos das inspeccións feitas polo voluntariado de Proxecto ríos nos efluentes galegos. Aínda que se observa unha mellora no seu estado, obsérvase certo delive nalgúns dos parámetros estudados. Falamos co responsable do proxecto, Paco Bañobre.
10/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Nunhas xornadas dedicadas ao sistema eléctrico e á tarifa eléctrica, organizadas por ADEGA, déronse as pautas que os consumidores e consumidoras de electricidade podemos seguir para aforrar na nosa factura da luz. Ser conscientes de que é o que estamos a pagar, reivindicar políticas enerxéticas baseadas no aforro e na eficiencia, ou revisar a fondo o recibo da luz e tomar medidas, son algunhas das recomendacións fronte os actuais decretazos no sector eléctrico e a actitude impositiva das grandes eléctricas. Hoxe coñecemos os pasos que hai que dar na revisión do recibo da luz e como se pode aforrar.