21/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A Sociedade Española de Ornitoloxía dedica cada ano a unha ave que se atope nunha situación peculiar de indefensión ou cuxas poboacións se viran afectadas drasticamente nos últimos tempos. En 2014, a elixida foi a anduriña. SEO/Birdlife explícanos os motivos polos que se quere chamar a atención sobre a situación na que está a vivir a anduriña.
16/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
O colectivo ADEGA alegou en 2008 contra a A-76, a autoestrada que Fomento pretende construír a través da Ribeira Sacra, desde Ourense a Pontevedra. Alén dos impactos socioeconómicos da pretendida infraestrutura, tamén son considerables os ambientais e paisaxísticos. Destes falaranos neste espazo Martinho Fiz, membro de ADEGA.
14/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Vén de ser aprobada polo Ministerio de Fomento a construción da autoestrada A-76 Ourense-Ponferrada. O proxecto colleu de sorpresa a moitos dos veciños e veciñas da Ribeira Sacra que xa se organizaron en Plataforma para frear a execución da infraestrutura. Coñecemos con eles cales van ser os impactos e a situación na que quedaría a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
11/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo, repasamos a actualidade ambiental galega da última semana.
09/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo daremos conta daqueles alcaldes do PP que tamén andan a buscar unha alternativa a Sogama no eido local. Os rexedores municipais das comarcas do Deza e do Salnés, a maioría do Partido popular, visitaron as instalacións da planta de compostaxe de Lousame para coñecer o seu funcionamento e as súas vantaxes. Tamén andan a explorar experiencias como a compostaxe doméstica, co obxectivo de reducir a xeración de lixo en orixe e tratar a materia orgánica na casa. O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, a quen escoitaremos, é un dos rexedores populares que máis aposta nestes momentos por un cambio de modelo.
07/04/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
Neste espazo escoitamos a algúns dos 90 alcaldes galegos que se negan a pagar o taxazo de Sogama e avogan por un novo modelo de xestión de residuos en Galiza. Perante a negativa da Xunta de compartir a débeda contraída polo modelo da incineración, demandan alternativas máis eficientes ambiental e economicamente.