30/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Dunha nova forma de entender os camiños tradicionais xorde o proxecto "Camiños seguros do Morrazo". O seu obxectivo é devolver a utilidade aos vellos camiños como percorridos de mobilidade sostible, pero tamén como elementos de conexión entre a veciñanza e entre o territorio e as persoas. A experiencia nace na comarca do Morrazo da man do arquitecto Martín Barreiro Cruz e do colectivo Rurbán.
27/06/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
Repasamos neste espazo os acontecementos máis actuais relativos ao medio ambiente e á ecoloxía galega!
25/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
As compañías de seguros están a ver na ecoloxía un nicho de mercado aínda por explorar. Algunhas empresas xa están a lanzar pólizas ou seguros verdes para persoas e entidades con actitudes respectuosas co ambiente. Neste espazo coñecemos algúns dos produtos que xa están en activo relacionados coa redución da contaminación, coa redución na xeración de residuos, cos vehículos eléctricos ou coa mobilidade sostible.
23/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Proxecto Ríos leva unha década achegando a sociedade galega aos ríos de Galiza. Hoxe en día é un dos programas de voluntariado ambiental máis sólido do país e congrega a máis de 200 grupos de voluntarios e voluntarias. ADEGA quere celebrar por todo o alto este aniversario o vindeiro domingo, 29 de xuño. Neste espazo, Virixina Rodríguez, presidenta de ADEGA e unha das promotoras de PR en Galiza, fai balanzo destes últimos 10 anos de Proxecto Ríos.
20/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo repasamos as novas ambientais máis resaltables da última semana. Coñéceas!
18/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A campaña Cousa de Raíces tamén porá en valor as potencialidades do bosque galego como recurso de vida. Actualmente hai moitas empresas e propietarios de monte que viven do bosque autóctono e neste espazo recollemos algunhas destas iniciativas. Alibós, Asoporcel, Fruga e ORGACCMM relatan a súa experiencia co bosque galego como recurso a aproveitar.