14/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha investigadora do grupo de enxeñaría agroforestal da Universidade de Vigo está a piques de rematar unha tese doutoral na que se propón unha solución para mitigar a contaminación por cianobacterias do encoro da Baxe, no río Umia, en Caldas de Reis. Desde o ano 2006, a contaminación pola proliferación destas microalgas tóxicas está sen resolver e os métodos paliativos que arestora se están a aplicar na presa non están acadando resultados óptimos. Esta nova investigación avoga por recoller as substancias contaminantes e tratalas fóra do encoro a través de técnicas naturais.
11/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo, escoita as novas ambientais do país máis relevantes da última semana...
09/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha quincena de colectivos da Coruña piden unha solución para a planta de residuos de Nostián, cuxas cotas de reciclaxe se viron esmorecidas nos últimos anos. A través do manifesto "Nostián, solución!" propoñen medidas de mellora da xestión da planta co obxectivo de que esta volva facer compostaxe e acada niveis de reciclaxe similares a outras plantas que fan compost, como a de Lousame. O profesor de química da UDC, Manolo Soto, fala para Radio Cerna desta proposta.
07/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A Xunta quere modificar o Decreto das Árbores senlleiras de Galiza para simplificar a tramitación da súa catalogación. Sen embargo, ecoloxistas e investigadores ven nesta pretensión unha intención de desregular a norma para evitar a participación pública no proceso de declaración de árbores senlleiras. Fins Eirexas de ADEGA, explícao neste espazo Cerna.
04/07/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana no país, neste espazo de Radio Cerna.
02/07/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
A Serra do Courel non só é un destino atractivo para os amantes da natureza, os turismas, os científicos ou os deportistas, tamén o é para os profesionais do audiovisual. Manuel Valcárcel, realizador galego, foi o último en atreverse a filmar as marabillas do Courel para contalas ao mundo. Pero a súa mirada, a través do documental "Tempo" vai ser a de observador, a de ver pasar o tempo desde os ollos da Natureza. Os detalles cóntanolos el...