Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/09/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Un ano máis, limpeza simultánea dos ríos galegos

Centos de voluntarios e voluntarias participarán o vindeiro 28 de setembro na VII Limpeza simultánea dos ríos galegos organizada por ADEGA e Proxecto Ríos. O obxectivo será retirar de forma simultánea todo o lixo que se  poida das marxes dos ríos de Galiza. O ano pasado chegáronse a retirar nunha soa xornada 10.000 quilos de residuos dos efluentes galegos.

08/09/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

As trabas da apicultura urbana en Galiza

A apicultura urbana xa é unha práctica nas grandes cidades europeas e en Estados Unidos. No obstante, en Galiza e no resto do Estado español atópase cunha normativa restritiva que impide o seu desenvolvemento. A pesar do problema legal, están a xorder pequenas iniciativas nalgúns concellos galegos, impulsadas pola Asociación galega de apicultores, que buscan promover a apicultura nos ámbitos urbanos.

05/09/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 05/09/14

Neste boletín informativo repasamos a actualidade ambiental en Galiza, acontecida nos últimos días. Infórmate de que pasa na túa contorna!

03/09/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

O potencial xeotérmico de Galiza para a produción de electricidade

Aproveitar a enerxía xeotérmica para a súa transformación en electricidade é unha oportunidade de futuro en Galiza que agora está en fase de estudo. Así se extrae dunha investigación da Univesidade de Valladolid na que se mediu o potencial xeotérmico de toda a Península a niveis subterráneos profundos e sen a presenza de auga. Sen embargo, as tecnoloxías existentes para este tipo de aproveitamentos son inmaduras e impactantes, chegando a compararse coas técnicas do fracking para a obtención de gas. Consultámoslle ao coordinador deste estudo.

01/09/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Life Tremedal, un proxecto para a conservación de humidais

En Galiza estase a desenvolver un proxecto Life destinado á conservación da flora e fauna que se desenvolve en ecosistemas húmidos continentais. O coñecido como Life Tremedal xa respaldou diversas actuacións de conservación en 3 humidais galegos que pretenden converterse nun referente en materia de protección da biodiversidade e que coñeceremos con Marco Rubido, técnico do Ibader.

01/08/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 01/08/14

Neste espazo Cerna ofrecémosche as novas máis destacadas da semana no eido ambiental. Voltamos de hoxe nun mes con contidos actualizados. Feliz verán!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal