19/09/2024 [10.00.00] [7.13 MB]
Graves incendios forestais en Portugal. Os negocios turísticos móstranse preocupados pola macrocelulosa de Altri. O TSXG paraliza cautelarmente 59 proxectos eólicos en 71 concellos; e a organización ecoloxista ADEGA pon a disposición un modelo de alegación a outro proxecto eólico fotovoltaico na Ribeira Sacra. En materia de mobilidade, as cidades galegas viven o inicio dun cambio de modelo, con menos coches e máis bicis e VMP. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
12/09/2024 [10:00:00] [7.16 MB]
O Consello da Cultura Galega asegura que a macrocelulosa de Altri xeraría unha grave fractura no territorio. Dous proxectos de centrais de bombeo pretenden instalarse no río Xallas cun brutal impacto paisaxístico e ambiental. A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais. A organización ecoloxista ADEGA consegue o freo cautelar do proxecto eólico Neboada, no Courel e na Ribeira Sacra. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
05/09/2024 [10:00:00] [7.13 MB]
Novos incendios forestais en Crecente e na Baixa Limia. Xa en vigor a primeira lei europea que obriga os Estados a restaurar a natureza e non só protexela. O Goberno do Estado autoriza dous proxectos eólicos nas comarcas do Eume, A Mariña e Ortegal. A Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita canda nós as novas medioambientais máis importantes da semana!
08/08/2024 [10:00:00] [7.12 MB]
Xa son 52 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polos seus posibles danos sobre o medio ambiente. Entre eles, a instancias de ADEGA, o alto tribunal freou o proxecto eólico Xesteirón, Valdepereira e Xeada nos últimos días. No cerne destes logros está a campaña de recadación #TiPodesParalos. Noutra orde de cousas, a Xunta avala as medidas propostas por Altri para paliar o seu impacto paisaxístico. E para rematar, unha boa nova: Ames, modelo europeo de loita contra o lume polas súas accións de prevención de incendios. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
01/08/2024 [10:00:00] [7.11 MB]
O Tribunal Constitucional non admite o recurso do Estado contra a prórroga de Ence en Pontevedra. A ola de calor provoca 33 falecementos da última semana de xullo en Galiza. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para recorrer nos tribunais un proxecto eólico en Lugo e Castroverde. Aparecen pequenas bólas de chapapote en diferentes praias galegas, sobre todo no litoral da Mariña Lucense. Isto e máis, en Radio Cerna!
18/07/2024 [] [7.11 MB]
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emite unha resolución en materia de emisións industriais que podería ter efecto sobre a instalación de Altri. ADEGA consegue a paralización cautelar do proxecto eólico Serra do Furco nos Ancares. No mar, o Tribunal Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña. A veciñanza de Lugo está en pé de guerra contra o proxecto de instalación dunha planta de biometano no monte veciñal de Coeses. Isto e máis, en Radio Cerna!