16/02/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
O estado de saúde dos ríos galegos empeora, segundo o informe anual de Proxecto Ríos para o ano 2014. Este documento analiza os resultados das inspeccións de ríos feitas por persoas voluntarias nas campañas de primavera e outono. Nestas inspeccións avalíanse varios parámetros de saúde dos efluentes: calidade das augas, do hábitat, da ribeira, etc. Coñece en que estado se atopan con Proxecto Ríos e ADEGA neste espazo de Radio Cerna!
13/02/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita o repaso das novas ambientais de Galiza máis resaltables desta semana. Non o perdas!
11/02/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo coñeceremos o comedor ecolóxico da Escola municipal da Coruña A Caracola. É unha experiencia de referencia en Galiza de alimentación saudable e ecolóxica para os máis pequenos. Tras 5 anos de traxectoria, o seu modelo de alimentación e educación consegue espertar a curiosidade das nais e pais máis preocupados pola alimentación das súas crianzas. Explicaranos en que consiste a directora da Caracola, Beatriz Ferreira.
09/02/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
"En todas as mans" é un documental galego que pon valor a figura dos montes comunais e as comuneiras e comuneiros de Galiza. É o primeiro proxecto audiovisual que ten como obxectivo principal trasladar ao público xeral a importancia da existencia desta figura singular de propiedade que só exisen en Galiza e en Portugal, e que se adquire só se se vive no rural. "En todas as mans" descubrirá algunhas das ameazas ás que se ven sometidos os montes veciñais, entre outros motivos, por ocupar unha extensa superficie en Galiza (representan o 25% do territorio). En abril será a súa estrea.
04/02/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Charlas, obradoiros, talleres, ecoauditorías e outras actividades forman parte do programa de ADEGA "O lixo desde o teu concello" para concienciar á poboación do Barbanza na xestión sostible do lixo. O programa, que xa comezou, desenvolverase durante todo o ano 2015 tanto a través dos concellos como de entidades culturais, ambientais, educativas, etc.
02/02/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Recollemos neste espazo a visión da Asociación socio-cultura O Iribio, participante no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA, sobre o impacto da actividade mineira no Patrimonio de Triacastela, así como nos recursos de vida dos seus habitantes. Tamén dá conta da difícil situación na que se atopa arestora a preservación da Cova de Eirós.