20/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Poucas veces nos atopamos co privilexio de dispoñer dunha obra audiovisual sobre as loitas ambientalistas de Galiza. "Tesouro de Corcoesto" busca reter na memoria dos espectadores o que significou a chegada do proxecto mineiro da multinacional canadiana Edgewater a Corcoesto. A oposición a este proxecto e a defensa dos recusos naturais, ambientais e da saúde da zona afectada foi un dos grandes fitos ecoloxistas máis recentes. Grazas á mobilización cidadán, o proxecto quedou paralizado, mais tan só supón a punto do icerberg do plan mineiro do actual goberno para Galiza. Así que, moitos "Corcoestos" poden vir tras deste. "Tesouro de Corcoesto" está en plena xira de difusión coa axuda da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
17/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo de Radio Cerna botamos unha ollada a actualidade ambiental máis destacada dos últimos días. Escóitaa!
15/04/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
A anduriña de cu branco é a ave do ano elixida pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), co gallo de poñer de relevancia a situación de declive que vive esta ave en Galiza. Coñecemos coa SGO as razóns que obrigan a declarar a anduriña de cu branco a "Ave do Ano" galega.
13/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A Unión Europea vén de aprobar unha lei pola que se renacionaliza a decisión de admitir ou prohibir cultivos transxénicos por parte dos países membros. Así Europa "límpase as mans" e deriva toda a responsabilidade sobre transxénicos nos estados. Amigos de la Tierra alerta de que esta nova lei pode ser a vía de entrada a moitas variedades transxénicas que as multinacionais do sector pretenden introducir no mercado e chama a atención sobre o risco que corre a agricultura ecolóxica.
10/04/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Esta semana tamén foi prolífica en novas de ámbito ambiental. Se queres coñecelas, acompáñanos neste espazo Cerna!
08/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O 80% dos residuos que hai no mar procede do interior, pero a porcentaxe restante xérase nos océanos. Un proxecto europeo no que participa a cooperativa de armadores do porto de Vigo tenta minimizar e reducir ao máximo o lixo xerado a bordo das embarcacións de pesca, promovendo a separación en orixe e favorecendo contedores axeitados ás dimensións das diferentes tipoloxías de barcos. Neste espazo Cerna coñecemos esta iniciativa que implica aos mariñeiros tamén na prevención da contaminación mariña.