06/05/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
As "Enfermidades Infecciosas Emerxentes" están a poñer en risco as poboacións galegas de hérpetos, de réptiles e anfibios. Estas doenzas que xa supuxeron a extinción repentina dalgunhas especies noutros lugares de Europa, está a crear grandes dificultades para as píntegas e pintafontes galegas. ADEGA, AHE e SGHN veñen de organizar unhas xornadas para dar a coñecer o problema e presentar un protocolo de prevención para que a sociedade poida axuda a frear o problema.
04/05/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O proxecto Batefogo é unha iniciativa de recente constitución, promovida por varias entidades e persoas relacionadas coa educación ambiental e as ciencias naturais, que pretende implicar á cidadanía galega na prevención dos lumes forestais. O obxectivo é conseguir que os incendios deixen de ser concebidos como "elemento cultural" e que a sociedade sexa realmente partícipe na prevención dos lumes. Un dos seus promotores explícanos en que consiste e cal vai ser a metodoloxía a aplicar.
29/04/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Os colectivos ecoloxistas de Galiza fan unha batería de propostas para que os candidatos ás eleccións municipais teñan en conta na súa acción de goberno ou oposición. Son 10 medidas que buscan que os concellos atenda máis do que o están facendo ás cuestións ambientais dos seus municipios. Se queres coñecelas escoita este espazo!
27/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A CIG está a preparar unha Iniacitiva Lexislativa Popular que demande unha tarifa eléctrica especial para Galiza. Como rexión excedentaria en electricidade non está a recibir ningún tipo de compensación e paga os mesmos peaxes que calquera outra comunidade autónoma, pese a que hai zonas do Estado como as Illas, que si resultan beneficiadas polo actual sistema eléctrico. A proposta deuse a coñecer nunha charla sobre o sistema eléctrico español impartida pola CIG en Lugo e organizada pola Área de Cultura da Deputación lucense.
24/04/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita cales foron as novas de actualidade no terreo ambiental máis destacadas desta semana en Galiza!
22/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Os colectivos ecoloxistas galegos conseguen que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admita a denuncia sobre irregularidades na política de residuos da Xunta e de Sogama. O PE admite a trámite a denuncia e anuncia que xa comezará a investigar como se están a tratar os residuos en Galiza. O movemento ecoloxista mantén desde hai décadas que o modelo Sogama incumpre tres directivas europeas, reverte a xerarquía de xestión do lixo en Europa e non cumpre cos mínimos de reciclaxe demandandos pola UE.