03/06/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O clima e o cambio climático inflúen nas doenzas das persoas. O INIBIC está a estudar como inflúe a mudanza climática nas enfermidades reumáticas. Segundo os expertos, segundo a doenza reumática que se teña, a influencia do quecemento global será positiva ou negativa. Escoitemos ao Dr. Francisco Blanco.
01/06/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha enxeñaría ambiental deseña un método de cálculo para establecer canto valen os bosques, tanto polo seu valor produtivo, como ambiental ou social. A través desta metodoloxía determinou que os bosques de Menorca valen cando menos 540 millóns de euros, o prezo que suporía suplir todos os beneficios e servizos que reporta. Entrevistamos a un dos autores deste estudo.
29/05/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo repasamos as novidades da actualidade ambiental desta semana no territorio galego. Non o perdas!
27/05/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
O anteproxecto da nova Lei de Voluntariado de España xa chegou ao Congreso. Esta proposta substituiría, de ser aprobada, a antiga normativa procedente de 1996. Pese a que é un cambio moi demandado pola sociedade e o terceiro sector, principalmente, sufriu cambios con respecto ao borrador orixinal que resultan discriminatorios e confusos, segundo os colectivos sociais. Hoxe falamos coa entidade que encabeza esta protesta, coa Plataforma de Voluntariado de España, que acoller máis de 29.000 entidades que fan voluntariado.
25/05/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Os días 6, 7 e 8 de xuño terá lugar a IV limpeza simultánea de praias que cada ano, desde hai catro, convoca ADEGA con motivo do Día dos Océanos. O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a necesidade de manter limpos os areais de residuos, os cales que constitúen unha ameaza para a biodiversidade dos mares e océanos, ademais de poñer en risco a supervivencia dalgunhas especies protexidas que habitan nas dunas e praias.
22/05/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste programa CERNA facemos repaso da actualidade ambiental da última semana.