30/11/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Os colectivos ecoloxistas máis importantes do Estado non lle dan nin o aprobado raspado á xestión ambiental de Mariano Rajoy na última lexislatura. Nestes anos as reformas lexislativas rebaixaron a protección e garantías ambientais e permitiron ás grandes empresas intensificar a súa explotación de recursos. A nova lei de costas, a reforma eléctrica, o parón das renovables ou a falla de avances na conservación da biodiversidade son algúns dos motivos polos que Rajoy suspende o exame en materia ambiental. Tamén cualifican á baixa o papel de España na afronta de Europa contra o cambio climático.
25/11/2015 [00:10:00] [5.72 MB]
Este sábado, ADEGA organiza unha xornada de divulgación sobre as especies exóticas invasoras no Museo Domus da Coruña. Neste espazo entrevistamos á concelleira de Medio Ambiente nesta cidade, María García, para coñecer a incidencia desta problemática no eido local e as ferramentas das que poden dispoñer os concellos para freala.
23/11/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Agás proxectos moi puntuais, a provincia de Lugo conta aínda con poucas experiencias na xestión de residuos por compostaxe. Por iso a Deputación provincial de Lugo organiza para o vindeiro venres e sábado unhas xornadas sobre "Compostaxe e experiencias prácticas". Ao evento están convidados todos os técnicos e alcaldes dos concellos lugueses, así como o público xeral. ADEGA encargarase da coordinación deste acto no que se compartirán iniciativas das universidades, concellos, organizacións ecoloxistas e empresas no ámbito da compostaxe.
20/11/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Neste espazo recollemos as novidades da actualidade ambiental no eido galego. Coñéceas!
18/11/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Nesta segunda parte da entrevista con José Bellver da Fundación ecosocial Fuhem, sobre o informe de WordWath Institute "Un mundo fráxil 2015" seguimos a versar sobre as grandes ameazas do planeta sinaladas por este centro de investigación, a poucas semanas do Cumio do Clima de París. Ademais do quecemento global, abórdanse cuestións como o actual modelo agroalimentario, os límites dos océanos, as pragas e doenzas mundiais ou as migracións climáticas.
16/11/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A poucas semana do Cumio de París sobre Cambio Climático, Wolrdwatch Institute publica o informe "A situación do Mundo 2015. Un mundo fráxil" que analiza os grandes problemas ecosociais que arestora afectan ao Mundo e as consecuencias da actual crise ecolóxica. Neste espazo e no vindeiro de Radio Cerna, afondamos neste Informe co investigador da fundación FUHEM Ecosocial, José Bellver.