Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

15/02/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Que son os servizos ecosistémicos forestais e como están distribuídos?

Unha tese doutoral realizada na Universidade de Oviedo e na Universidade de Santiago de Compostela analiza os tipos de servizos ecosistémicos que ofrecen os ecosistemas forestais do norte da Península Ibérica e como están distribuídos no territorio. Tamén aborda as diferenzas sobre os servizos achegados por unha plantación forestal e por un bosque natural. Neste espazo coñecemos os resultados da investigacióin co seu autor, o asturiano José Valentín Roces.

12/02/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 12/02/16

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega! Preme e escóitanos.

10/02/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Os ecoloxistas propoñen 5 medidas para frear a expansión do eucalipto en Galiza

O 52% dos eucaliptais de todo o Estado están en Galiza, onde ocupa medio millón de hectáreas. A expansión do monocultivo do eucalipto é cada vez máis preocupante polos seus impactos negativos no conxunto do medio natural, pero tamén no eido social, cultural e económico. Por iso máis de 20 colectivos ecoloxistas galegos lanzan a campaña "Stop eucalipto, avante carballo", a través da que propoñen á Administración galega que adopte 5 medidas urxentes para frear a expansión descontrolada desta especie exótica e invasora.

08/02/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Informe anual de Proxecto Ríos 2015

En xeral, os ríos galegos analizados no programa de voluntariado ambiental Proxecto Ríos presentan un bo estado e ningún rexistra un mal estado de saúde. Sen embargo, aumentan os ríos coas marxes en mal estado de conservación. Se queres coñecer máis detalles do Informe anual de Proxecto Ríos, preme e escóitanos!

05/02/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 05/02/16

Neste boletín informativo semanal contámosche as novas máis destacadas no eido ambiental galego dos últimos días.

03/02/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Carme Da Silva: "O Congreso, se quere, xa pode frear a prórroga de Ence"

No espazo de hoxe entrevistamos a tenente alcalde do Concello de Pontevedra pola prórroga que o Ministerio de Medio Ambiente vén de outorgar á pasteira de ENCE para a súa permanencia na ría por outros 60 anos. Carme da Silva insta ao Congreso a tomar medidas.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal