04/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O Instituto de Estudos da Paisaxe Galega, dependente da Xunta, está a definir as distintas paisaxes de Galiza a través dun proceso de participación no que pretende implicar a maior parte da poboación galega. O Catálogo galego das paisaxe, que contempla 258 tipos diferentes de paisaxe, exponse así a debate. A intención é definir que cualidades paisaxísticas que se queren protexer para o futuro.
01/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece a actualidade ambiental desta semana en Galiza, aquí en Radio Cerna. Escóitanos!
30/03/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Esta fin de semana está prevista a celebración dunha proba de trail na Costa do Dexo (Oleiros) na que correrán 350 persoas e que podería poñer en risco a principal colonia de corvo mariño cristado da Península, ao pasar a carón do seu núcleo de cría. Varias organizacións ambientalistas pedíronlle a Xunta que revise o trazado da proba e avalíe as súas repercursións ambientais antes de aprobala.
28/03/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O visor cartográfico do litoral galego, elaborado polo grupo de investigación Ecotox da Universidade de Vigo, permite consultar datos sobre a contaminación química das nosas costas desde 1997. Ricardo Beiras, catedrático en bioloxía e coordinador de Ecotox, explícanos que servizos ofrece esta ferramenta online, a primeira que concentra toda a información existente na materia e á que calquera pode acceder.
18/03/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
Neste espazo trasladamos as novas máis destacadas da última semana na actualidade ambiental galega. Non o perdas!
16/03/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
En 1986 aparace o termo "greenwashing" para designar aquela propaganda verde utilizada polas empresas para amosar os seus logros ambientais, sexan ou non reais. Hoxe en día, o consumidor/a afróntase a mensaxes confusas relativas ao compromiso ambiental do mercado. Joana Martins axúdanos a entender este concepto e a detectalo.