18/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O Tribunal Supremo volve fallar en contra de Reganosa. Desta volta, anula a Autorización administrativa previa outorgada á planta de gas polo goberno de Xosé María Aznar en 2002. Con esta xa son dúas as sentenzas do Alto Tribunal que poñen en cuestión a legalidade da planta. Falamos con Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol para coñecer as repercusións deste novo fallo.
15/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
A actualidade ambiental galega en 10 minutos! Coñece as novas que nos deixou esta semana no eido ambiental!
13/04/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Desde o ano 2004 a Xunta de Galiza impulsou o Plan de tratamento dos plásticos agrícolas. Este programa diríxise a recoller e tratar todos os plásticos de ensilado e horta xerados no territorio galego co fin de darlles unha nova oportunidade e novos usos. Neste espazo de Radio Cerna falamos cun representante dunha das empresas xestoras autorizadas para a xestión deste tipo de residuos para coñecer que proceso seguen para a súa recuperación e que evolución sufriu desde 2004 a súa recollida e tratamento.
11/04/2016 [00:10:00] [5.76 MB]
A bolboreta Charaxes jasius é propia de climas mediterráneos e do norte de África, sen embargo, tamén se atopa no Baixo Miño. O achádego desta especie de bolboreta no sur de Galiza no ano 2005 e os riscos que tiña de desaparecer na comarca promoveu o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" polo colectivo ANABAM. Grazas a este proxecto, que está a piques de cumprir dez anos, hoxe a Charaxes jasius xa é unha bolboreta común no Baixo Miño.
08/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasa con nós a actualidade ambiental desta semana en Galiza, que deixa importantes resolucións xudiciais... Escóitanos!
06/04/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
O concello de Allariz pon a andar a partires desta semana o "Proxecto RE" de compostaxe. Este proxecto prevé a creación de 22 áreas ou illas de compostaxe para o núcleo urbano do municipio, o reparto de composteiros individuais para a zona rural e o tratamento específico da materia orgánica producida pola hostalaría do concello no polígono industrial. O reto que persegue así o concello de Allariz é poder recuperar en 3 anos o 80% do lixo que produce.