Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

30/05/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Do mapa europeo ao mapa galego das miñocas

Estes vermes "arados e enxeñeiros da terra" xa dispoñen do seu primeiro mapa europeo, no que se recompilan os datos e publicacións extraídas dos estudos e investigacións que existen sobre a especie en oito países de Europa. Pese a que Galiza dispón dunhas condicións moi óptimas para o desenvolvemento de poboacións de diferentes variedades de lombrigas, pouco se reflicte da súa situación no mapa europeo. Por iso desde a Universidade de Vigo estase a traballar para elaborar o "mapa galego das miñocas". María Jesús Iglesias, coordinadora do traballo, explícanos as diferentes funcións das miñocas e o seu importante papel para a conservación dos nosos solos e tamén como se pretende artellar esta iniciativa científica.

27/05/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 27/05/16

Escoita cales foron as novas ambientais máis destacadas da semana, aquí no teu territorio!

25/05/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Defender o bosque autóctono desde a política local. O exemplo de Corullón

Desde a política local tamén existen fórmulas que axuden a favorecer a extensión e conservación do bosque autóctono. O veciño concello leonés de Corullón leva esta teoría á práctica e ofrece axudas económicas e materiais para que a vecindade deste municipio preserve os seus soutos vellos e antigos cereixais. O propio alcalde deste concello explícanos en que consiste esta iniciativa.

23/05/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Nace en Cataluña a Redes dos bosques intocables

Hai un ano que a Generalitat de Catalunya decidiu crear unha rede de bosques intocables ou de libre evolución no que se congregan 154 masas forestais autóctonas de todo o territorio catalán. Esta iniciativa prevé acadar beneficios ambientais, científicos e culturais para a colectividade. Hoxe coñecémola.

20/05/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 20/05/16

Coñece a actualidade ambiental galega neste espazo de Radio Cerna. Repasamos os acontecementos máis relevantes da última semana no ecoloxismo e no ambiente galego.

18/05/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

As ideas ecoloxistas chave do Papa Francisco

O pasado luns coñeciamos en Radio Cerna as motivacións que levaron ao Papa Francisco dedicar a súa primeira encíclica ao "coidado da casa común", é dicir, á Ecoloxía. Hoxe imos abordar co profesor en teoloxía moral, Gonzalo Varela, as ideas ecoloxistas chave que o pontífice quixo transmitir aos cristiáns e non crentes hai un ano, na súa encíclica "Laudato Si".

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal