13/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Cal foi o rédito do desenvolvemento eólico para o rural galego nos últimos 20 anos? Segudndo unha tese realizada por Damián Copena, membro do grupo de investigación sobre economía ecolóxica da Universidade de Vigo, non foi o agardado. As rendas que percibiron os propietarios/as dos terreos eólicos foron baixas e o rural non acadou un impacto positivo ou cando menos proporcional ao crecemento do sector no país. Ante o horizonte da instalación de 4.300 MW máis nos nosos montes, as conclusións desta investigación parecen pedir un novo marco regulador do sector en Galiza.
10/06/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Nese espazo de Radio Cerna atoparás as novas ambientais de Galiza máis relevantes dos últimos días.
08/06/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil culpa ao concello de Lugo das obras ilegais do río Miño e proponlle ao Ministerio de Medio Ambiente que resolva multalo con 180.000 euros e obrigalo a derrubar o dique na vindeira época de estiaxe. A resolución definitiva terá que ser dada polo Ministerio. Mentres, ADEGA e a plataforma "Lugo de cara ao Miño" manifestan a súa satisfacción parcial e o concello de Lugo culpa á burocracia do impacto ambiental que estas obras están a exercer no río.
06/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
A industria do eucalipto está a alterar, non só a biodiversidade, a paisaxe e a calidade do solo galego, tamén está a poñer en perigo o noso patrimonio histórico-cultural e arqueolóxico. ADEGA e Mariñapatrimonio chaman a atención sobre a ameaza que supoñen os labores forestais relacionados co eucalipto na Mariña lucense para os bens arqueolóxicos da comarca. Só nos últimos meses veñen de denunciar ata 40 casos de castros, mámoas, abrigos paleolíticos e outros xacementos que foron destruídos ou danados pola maquinaria pesada do sector forestal. E ligan esta ameaza cunha nova vaga eucaliptizadora, que está á súa vez vinculada coa prórroga de ENCE e a súa estratexia produtiva de futuro.
03/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece a actualidade ambiental de Galiza acontecidas na Semana mundial do Medio Ambiente. Non teñen desperdicio!
01/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O vindeiro luns acudirán a declarar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza varios ex-altos cargos da Consellaría de Medio Ambiente, incluído o ex-director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, polo dragado da ría de Ferrol. A Fiscalía acúsaos de presunto delicto contra o medio ambiente, prevaricación e falsidade documental. Se queres coñecer os motivos, escoita este espazo.