Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

14/09/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Os materiais vexetais na bioconstrución

A Asociación galega para a bioconstrución, Espiga, organiza a partir deste venres ata o domingo as "IV Xornadas sobre bioconstrución. Materiais vexetais na construción" no Pazo de Tor, de Monforte de Lemos. Tratarán de abordar exemplos prácticos na aplicación de fibras vexetais, como palla, bambú ou cáñamo, na construción. As persoas asistentes aprenderán tamén a construír teitos, muros e outras estruturas con estes materiais naturais. O encontro será de balde e para todo tipo de públicos.

12/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

As algas que chegan ás praias das rías, un valor descoñecido

No verán son motivo de queixa dos bañistas e de usuarios de praias. Moitas administracións locais consideránas un estorbo para o turismo e, mesmo, as tratan como residuos. Pero as algas que varan na liña de costa cumpren unha función fundamental na biodiversidade e conservación do noso litoral. Un estudo da Universidade de Vigo pon en valor as funcións das macoalgas que chegan ás praias estuáricas, ou de rías. A investigadora que realizou este estudo cóntanos cales foron os resultados.

09/09/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 09/09/16

Preme e escoita este espazo para coñecer as novas ambientais máis destacadas da semana no teu país!

07/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os residuos na Coruña, tras 20 anos do desastre de Bens

Este sábado é o vixésimo aniversario dunha das catástrofes ambientais máis relevantes de Galiza: a avalancha do vertedoiro de Bens (A Coruña). Daquela catástrofe, na que ademais morreu unha persoa, xordeu o Plan de Residuos de Nostián que aínda está vixente hoxe en día. Pese a  estar baseado na reciclaxe e na compostaxe e estar afastado da incineración, segue a ser un modelo con resultados pobres e moitas deficiencias. O daquela coordenador da Plataforma pola Reciclaxe da Coruña, catedrático de Enxeñería Química e membro do colectivo ecoloxista ADEGA, Manolo Soto Castiñeiras, descríbenos cales son esas deficiencias que aínda se poden superar para acadar cotas de reciclaxe moi superiores no concello e bisbarra da Coruña.

05/09/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

A revisión do informe "Os límites do crecemento" no Parlamento galego

A Asociación Véspera de Nada trasladou aos grupos parlamentarios de Galiza a revisión do informe "Os límites do crecemento" publicada en abril deste ano para promover unha Comisión interpartidaria galega para analizar os límites do crecemento do país. O documento orixinal, procedente de 1972, establecía tres escenarios posibles para o século XXI. A revisión actual do documento conclúe que nos atopamos hoxe en día no peor dos escenarios posibles.

02/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 02/09/16

Logo do descanso estival, volve Radio Cerna co boletín informativo ambiental de cada semana e moitos máis espazos con toda a actualidade ecoloxista e medioambiental do país. Benvidos/as de novo!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal