Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

28/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

IX Limpeza simultánea dos ríos galegos

Este domingo, 2 de outubro, centos de voluntarios e voluntarias acudirán aos ríos galegos para limpalos de residuos. A actividade "Móllate polos ríos" do proxecto de voluntariado ambiental Proxecto Ríos convoca a toda a cidadanía galega a retirar de forma simultánea o lixo das marxes e cursos fluviais. Nesta edición da limpeza simultánea de Proxecto Ríos participarán 42 concellos e 54 entidades de toda Galiza.

26/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Terra Livre: O primeiro clube de lectura ecoloxista de Galiza

Nace na Coruña o primeiro clube de lectura ecoloxista de Galiza. Incorpórase na Rede ibérica de clubes de lectura ecoloxista Terra Livre e comezará a súa andaina no mes de outubro. Fomentará a reflexión e o coñecemento sobre o ecoloxismo como disciplina e como filosofía de vida.

23/09/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Boletín informativo ambiental 23/09/16

Repasa con nós a actualidade ambiental galega!

21/09/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Lugo acolle o principal foro estatal sobre agroecoloxía

Galiza era unha cita pendente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE). Desde hoxe ata o venres a SEAE celebra o seu XII Congreso no Pazo de Feiras de Lugo. Máis de 130 comunicacións e ducias de mesas de discusión conformarán este foro integral sobre agroecoloxía, alén de ir acompañado da I Feira agroecolóxica de Lugo "NaturaLugo". Coñecemos os contidos deste encontro do Director da SEAE, Víctor Gonzálvez.

19/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os vertidos e os vertedoiros de Sogama, na picota!

ADEGA revela documentos da consultoría de Sogama nos que se constatan que a empresa de residuos leva cando menos cinco anos incumprindo os límites legais de contaminantes dos refugallos que verte en Areosa e noutros vertedoiros do país. O colectivo ecoloxista asegura que esta suposta fraude está relacionada coa proxección de novas instalacións de vertedoiros en Galiza, como a de Trazo ou a de Ordes, onde existe unha gran oposición veciñal contra estes proxectos.

16/09/2016   [00:10:00]   [5.76 MB]

Boletín informativo ambiental 16/09/16

Repasa con nós as novas ambientais máis destacadas da semana en Galiza. Só en 10 minutos!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal