Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

28/10/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 28/10/16

No espazo de Radio Cerna de hoxe, repasamos as novas ambientais da semana acontecidas en Galiza. Coñéceas!

26/10/2016   [00:10:00]   [5.77 MB]

Catro Ventos: a nova editorial galega sobre Ecoloxía e Economía Social

Acaba de nacer unha editorial en Galiza que editará contidos integramente en galego e, principalmente, sobre Ecoloxía e Economía Social. Chámase Catro Ventos e foi fundada por cinco veciños/as de Vigo preocupados polo baleiro exitente deste tipo de contidos no mundo editorial galego. Coñecemos o proxecto cun dos seus promotores.

24/10/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

R que R: A campaña sobre residuos das Pontes

As campañas de concienciación sobre a correcta xestión dos residuos urbanos sempre fan falla. Unha incorrecta separación en orixe, a produción ilimitada de residuos, a non consideración do punto limpo, dificulta a xestión do lixo do concello de As Pontes. Por estes motivos, vén de lanzar a campaña "R que R", que durará ata marzo do ano que vén.

21/10/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 21/10/16

Escoita neste espazo cales foron as novidades máis relevantes da actualidade ambiental galega, durante esta última semana.

19/10/2016   [00:10:00]   [5.76 MB]

O foro estatal da compostaxe chega a Pontevedra

Composta en Red é a coordinadora estatal que engloba todas as iniciativas do Estado en compostaxe. Este ano elixiu Pontevedra para desenvolver o seu Seminario anual sobre compostaxe, onde se congregan multitude de experiencias e proxectos relacionados coa compostaxe doméstica e comunitaria. Neste espazo coñeceremos que contidos se van tratar neste foro que terá lugar mañá e pasado. Composta en Red pretende avanzar dos proxectos piloto aos proxectos integrais de compostaxe. En Galiza xa hai varios exemplos de xestión integral de residuos baseada na compostaxe.

17/10/2016   [00:10:00]   [5.77 MB]

Cara a liberalización da biomasa e dos cultivos enerxéticos en Galiza

ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega presentan alegacións contra unha planta de biomasa en Curtis, en tramitación, que excede o límite de potencia establecido pola lei vixente. As entidades ecoloxistas consideran este proxecto como a antelasa do modelo de plantas de biomasa que no futuro pretende favorecer a Xunta de Galiza: sen límites de potencia e baseadas nos cultivos enerxéticos, predominantemente de Eucaliptus nitens, de plantas exóticas e crecemento rápido.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal